O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade.Chantal CALLAIS. Bordeaux, a history of architecture. Editions La Geste. 2019. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio.
En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos. O Patrimonio da Humanidade é a maior área urbana inscrita pola UNESCO (ata 2021), que abarca aproximadamente o 40% da superficie da cidade.
A UNESCO tamén premiou ao municipio polos seus esforzos para restaurar e embellecer os peiraos e fachadas do centro da cidade, incluíndo a Place de la Bourse, Miroir d'eau e o Grand-Théâtre.
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Bordeos
Ligazóns externas
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia Categoría:Bordeos