Ángel Mato Peña, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1892 e finado na mesma cidade o 6 de outubro de 1934, foi un mestre, sindicalista e político galego.
Traxectoria
Sendo estudante da Escola Normal da Coruña participou na constitución da "Academia Escolar" da Coruña en 1911, da que foi elixido tesoureiro da súa directiva.Gaceta de Galicia, 21-11-1911, p. 2. Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi mestre da Escola nacional de Cangas de Morrazo dende xaneiro de 1916,El Correo de Galicia, 5-1-1916, p. 2. onde participou na constitución da Agrupación Socialista de Cangas en 1923. En setembro de 1924 pasou á escola do Seijo (en Franza, Mugardos).El Pueblo Gallego, 12-9-1924, p. 7. Foi fundador e directivo da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza da UGT en Ferrol, colaborou en La Lucha e dirixiu El Obrero. Tamén pertenceu á directiva da Sociedad de Amigos del Paisaje Gallego.El Correo Gallego, 22-12-1928, p. 2. Foi candidato do PSOE pola provincia da Coruña nas eleccións de 1933 pero non resultou elixido. Foi abatido nun tiroteo con gardas municipais diante do Arsenal de Ferrol o 6 de outubro de 1934, cando encabezaba un grupo que trataba de destruír un transformador para dificultar a saída de Ferrol das tropas enviadas para reprimir a Revolución de Asturias de 1934.El Pueblo Gallego, 10-10-1934, p. 11.El Ideal Gallego, 13-10-1934, p. 1.El Obrero, 11-7-1936, p. 2. Vida persoal
Casou na Coruña con Luz Lorenzo Mosquera en xaneiro de 1917.El Diario de Pontevedra, 24-1-1917, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
A revolución de outubro de 1934 en Ferrol
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1934