miniatura|200px|O quelea común, a ave máis numerosa do mundo, se agrupa en enormes bandadas de en ocasiónes decenas de miles de exemplares miniatura|200px|Ánsares nivais (Anser caerulescens) agrupados en bandadas migratorias.

Unha bandada, bandado ou bando, é un grupo de aves, en xeral da mesma especie, aída que non necesariamente, que actúan de modo homoxéneo mentres voan ou se alimentan.

Este termo é similar ao concepto de manda entre os mamíferos.

Etoloxía Os beneficios de asociárense en bandadas son variados, e cada bandada fórmase para un propósito específico. Ser parte dunha bandada tamén ten custos, sobre todo para as aves subordinadas socialmente, que son sometidas polas dominantes; e tamén en ocasións se sacrifica certa eficiencia á hora de alimentarse.

Os principais beneficios son a seguridade que produce un gran número de exemplares, e un aumento, polo xeral, da eficiencia na busca de alimentos. E defensa contra os depredadores é especialmente importante en hábitats pechados, como os bosques, onde a táctica da emboscada é moi común, e unha gran cantidade de ollos contribúen a un bo sistema de alerta rápida. Isto levou ao desenvolrmento de bandadas compostas por pequenos números de moitas especies diferentes e unidas para a alimentación; estas bandadas aumentan a seguridade e reducen a competencia potencial polos recursos, en comparación coas bandadas monoespecíficas.

Bandadas de gran tamaño Os estorniños pintos (Sturnus vulgaris) cóntanse entre as aves que forman as maiores bandadas. En Dinamarca, cada dous anos, prodúcese un fenómeno coñecido como sol negro (en danés: Sort sol), no que se reúnen gran número de estorniños, creando complexas formas contra o ceo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bandada mixta de alimentación

Categoría:Etoloxía Categoría:Termos zoolóxicos