miniatura|300x300px|Casas de cría en ruínas en Fuaigh Mòr (illa hoxe día non habitada do Reino Unido situada en Escocia). A zona de Fuaigh Mòr quedou deshabitada en 1841, e a partir dese momento soamente é usada para o pastoreo de ovellas. miniatura|300x300px|A mesma zona da foto anterior, doutra perspectiva, onde pode observarse a separación entre a chamada illa de Fuaigh Mòr (onde se atopan as casas de cría en ruínas), e a área habitada de maior tamaño, que se observa de lonxe, coñecida como Illa de Lewis. Highland Clearances ("limpeza" das Highlands) en inglés e Fuadach nan Gàidheal (expulsión dos gaels) en gaélico escocés, foi un desprazamento forzado da poboación das Highlands, principalmente entre 1750 e 1860. Este desprazamento provocou unha migración masiva cara aos Lowlands e cara ao estranxeiro. Estas "limpezas" formaron parte dun cambio xeral no sistema agrícola do Reino Unido, pero este desprazamento en concreto, pola súa cronoloxía tardía, a ausencia de protección legal para os arrendatarios a curto prazo baixo as leis escocesas, a ruptura brusca co sistema de clans anterior, así como a brutalidade de moitas das ordes de expulsión, fixeron das Highland clearances un evento traumático que adquiriu notoriedade. Les Highland Clearances ou Evictions, sitio digital 'Assemblée Celtique, Portail du Monde Celte', 4 de novembro de 2016.
Os procesos que despoboaron as zonas rurais do sur de Escocia durante a Revolución agrícola británica coñécese como Lowland Clearances, pero o efecto sobre a zona setentrional de Escocia -na que se falaba en gaélico escocés e mantíñase a cultura semifeudal dos clans- produciu a aparición de protestas e de resentimento por parte dos descendentes dos que foron obrigados a emigrar, ou ben obrigados a subsistir nos suburbios das cidades ou en pequenas zonas marxinais (transformados en crofters, arrendatarios de pequenos terreos, e traballando para os terratenentes en condicións infrahumanas).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paul Basu, Narratives in a Landscape: Monuments and Memories of the Sutherland Clearances, artigo sobre a paisaxe dos Clearances, sitio 'BT Internet', 1997. The Highland clearances: A brutal legacy of the late 18th and early 19th centuries is still etched in the minds of the people of the Highlands today, 27 de setembro de 2007. Abandoned Communities ..... the clearance of Strathnaver from 1814–1819, sitio dixital 'Abandoned Communities'. Steve Blamires, The Highland Clearances: An Introduction, sitio 'Clannada na Gadelica', maio de 2008. The Highland Clearances, artigo de Thomas Devine, publicado en Refresh nº 4, primavera de 1987.
Categoría:Historia de Escocia Categoría:Século XVIII