Luis González Bravo y López de Arjona, nado en Cádiz o 8 de xullo de 1811 e finado en Biarritz o 1 de setembro de 1871, foi un periodista e político español.

Traxectoria Estudou leis en Alcalá de Henares. Militante do Partido Progresista durante a Rexencia de María Cristina de Borbón participou na Milicia Nacional, foi Deputado por Cádiz en 1841, adquirindo máis moderación, o que lle permitiu co apoio de Narváez para ser nomeado Presidente do Consello de Ministros dende o 5 de decembro de 1843 até o 3 de maio de 1844.

Presidencia Traballou para Narváez disolvendo a Milicia Nacional, declarou o estado de sitio, disolveu os concellos, impuxo a censura á prensa e acusou Salustiano Olózaga de tratar de intrigar en contra da futura raíña Isabel II cando era Presidente do Consello. Creou a Garda Civil.

A súa caída do goberno levouno como diplomático a Lisboa. Tras o seu regreso a España e ante as súas palabras contra os propios compañeiros que o apoiaran, fuxiu durante a revolución de 1854 temendo pola súa vida. Xa en 1864 foi nomeado Ministro da Gobernación con Narváez cando a política española tiña xa un claro ton reacionario, sendo responsable dos denominados Sucesos da noite de San Daniel, debendo dimitir en 1865 para regresar de novo ao ano seguinte como MInistro da Gobernación e en 1868 outra vez Presidente do Consello. A súa actuación visceral foi un máis dos elementos que desataron a revolución de 1868 que deu paso ao Sexenio Democrático e a caída de Isabel II.

Exiliouse a Biarritz e uniuse aos carlistas. Foi membro da Real Academia Española.

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1871 Categoría:Presidentes de España Categoría:Embaixadores de España en Portugal Categoría:Embaixadores de España no Reino Unido Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Políticos do Partido Progresista Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Alumnos da Universidade de Alcalá