Santiago Manuel "Iago" Toba Campaña, nado en Muxía en 1987, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Arquitecto técnico. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muxía nas municipais de 2015, ocupando a área de deportes no goberno de Félix Porto Serantes. Nas municipais de 2019 foi candidato á alcaldía e foi elixido con maioría absoluta. Porén, a comezos do verán de 2020 viuse obrigado a cesar 4 dos 7 edís socialistas tras votaren en contra do orzamento municipal, gobernando en minoría o resto do mandato. Dende decembro de 2021 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, así como da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Ordenación do Territorio, a partir de febreiro de 2022.

Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con maioría simple, 5 dos 11 concelleiros, polo que mantivo a alcaldía como cabeza da lista máis votada. O 7 de outubro de 2024, perdeu a alcaldía tras unha moción de censura contou co apoio dos 2 concelleiros de Independentes por Muxía, dos 3 concelleiros do PPdeG e a única concelleira do BNG, fronte aos 5 do PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muxía

Ligazóns externas Renovación parcial en Muxía tras los pasos de Félix Porto en La Voz de Galicia El alcalde más joven de la comarca, con 32 años, promete «traballar arreo» para Muxía en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Muxía Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes