An Cailín Ciúin é un filme irlandés de 2022 dirixido e escrito por Colm Bairéad e rodado en lingua irlandesa. Ambientado en 1981, o filme conta a historia dunha nena de nove anos que vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa con parentes en Rinn Gaeltacht, no condado de Waterford.

Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios e converteuse no primeiro filme irlandés nomeado nesa categoría.

Sinopse Irlanda, 1981. Unha nena retraída de nove anos vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa cuns familiares; mais a súa familia de acollida ten un segredo.

Produción An Cailín Ciúin baséase en Foster, unha novela en inglés de 2010 escrita por Claire Keegan. O filme foi titulado orixinalmente Fanacht ("Agardando"). Foi rodado en Dublín e no condado de Meath, con localizacións en Summerhill, Moynalvey (incluíndo Fagan's Pub), Curraghtown, Garlow Cross, Trim e Clonymeath.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes ambientados en 1981