Hucho é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.Hucho Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 26 de marzo de 2022.Hucho Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 26 de marzo de 2022.Hucho Günther, 1866 na BioLib. Consultada o 26 de marzo de 2022.

Unha das súas catro especies distribúese polo centro de Europa, no río Danubio e os afluentes da súa conca hidrográfica, mentres que as outras tres distribúense por Asia.

Características As especies deste xénero son peixes de gran tamaño, polo que reciben o nome vulgar aumentativo de salmón, cun tamaño de entre 2 e 1,5 m de lonxitude.Terofal, F. (1984): Süsswasserfische in europaischen Gewassern. Múnic, Alemaña: Mosaik Verlag. ISBN 3-5700-1274-3.

Adoitan pasar unha fase da súa vida no mar, e outra fase nos ríos de clima temperado, aínda que algunhas das especies pasan toda a vida en ríos e lagos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.

Etimoloxía O nome científico Hucho, Günter tomouno do alemán Huchen.hucho no Merraim-Webster Dictionary.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Epitomynis Schulze, 1890

Especies Como quedou dito, o xénero comprende catro especies: Imaxe Nome científico Nome común Distribución Hucho bleekeri Sh. Kimura, 1934Salmón de Sichuan Conca do río Yangtzé, na China120px Hucho hucho (Linnaeus, 1758)Salmón do Danubio Endémico da conca do Danubio, en Europa Hucho ishikawae T. Mori, 1928 Salmón coreano Corea do Norte e a China120px Hucho taimen (Pallas, 1773)Salmón de Siberia Siberia

Notas taxonómicas Ademais destas catro especies, o chamado salmón de Sakhalin situábase anteriormente neste xénero, pero a xenética e outras probas demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico como Parahucho perryi.Oleinik, A. G. e Skurikhina, L. A. (2008): "Hylogenetic relationships of Sakhalin taimen Parahucho perryi inferred from PCR-RFLP analysis of mitochondrial DNA". Russian Journal of Genetics 44: 767.Matveev, V.; Nishihara, H. & Okada, N. (2007): "Novel SINE families from salmons validate Parahucho (Salmonidae) as a distinct genus and give evidence that SINEs can incorporate LINE-related 3′-tails of other SINEs". Molecular Biology and Evolution 24 (8): 1656-1666.

Por outra parte, o WoRMS só admite unha especie no xénero, Hucho taimen.

Usos A pesca destes peixes é importante para a súa comercialización, sendo tamén cultivados en acuicultura.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo. Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.

Outros artigos Salmónidos Salmoninos

Ligazóns externas Hucho na EOL. Enrique Aguado Pérez (9 de outubro de 2009): El hucho o salmón del Danubio Historia de cómo llegó a España este emblemático pez

Categoría:Hucho