Grunia Efimovna Sukhareva (en ; pronunciación en ruso: /ˈɡrunʲə jɪˈfʲiməvnə ˈsuxɐrʲɪvə/) nada en Kíiv, Imperio Ruso, o 11 de novembro de 1891, e finada en Moscova, Unión Soviética, o 25 de abril de 1981, foi unha psiquiatra infantil soviética, pioneira no estudo do autismo.
Traxectoria Sujareva naceu en Kíiv, na familia xudía de Chaim Faitelevich e Rajil Iosifovna Sukhareva.
Entre 1917 e 1921 traballou nun hospital psiquiátrico de Kíiv. Desde 1921 traballou en Moscova e entre 1923 e 1925 dirixiu o Departamento de Psiquiatría da Universidade de Kharkov. En 1935 Sujareva fundou a Facultade de Psiquiatría Pediátrica no Instituto Central de Educación Médica de Posgrao. En 1938 dirixiu unha clínica de psicose infantil baixo o Ministerio de Agricultura e Alimentación (НКЗ РСФСР) da RSFSR. Durante moitos anos traballou como xefa do Hospital Psiquiátrico Kashchenko en Moscova.
Investigación Publicou a primeira descrición detallada dos síntomas do autismo, en ruso en 1925 e en alemán un ano despois. Inicialmente usou o termo "psicopatía esquizoide" (que significaba naquel momento: "excéntrica"), pero posteriormente substituíuno por "psicopatía autista" (evitando patolóxico) para describir o cadro clínico do autismo. O artigo publicouse case dúas décadas antes dos informes dos casos Hans Asperger e Leo Kanner, xa que o traballo pioneiro de Sujareva caeu en descrédito. Foi a primeira en darlle importancia non só ao tratamento psiquiátrico senón tamén educativo, familiar e sistémico das persoas con trastornos do espectro autista (TEA). Como Leo Kanner e a diferenza de Hans Asperger, describiu características en ambos os xéneros, homes e mulleres, con TEA.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Grunia Sujareva: la «descubridora» del autismo
Categoría:Nados en Kíiv Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Psiquiatras de Rusia Categoría:Psiquiatras de Ucraína