Apsines de Gádara (en grego Ἀψίνης) foi un sofista e retórico grego do século III orixinario de Gádara en Fenicia.

Traxectoria Floreceu no goberno de Maximino cara ao ano 235. Estudou en Esmirna e Nicomedia. Ensinou retórica en Atenas, onde foi amigo de Filóstrato, quen eloxiou a forza da súa palabra e a memoria que tiña, e onde discutiu con Frontón de Emisa. Foi tan distinguido que obtivo a dignidade consular.

As súas obras destacan dous tratados de retórica:

Περὶ τῶν μέρων τοῦ πολιτικοῦ λόγου τέχνη, da que se conserva un fragmento moi interpolado e non se pode dicir que parte era realmente de Apsines. Περὶ τῶν ἐσχηματισμένων προβλημὰτων, unha obra moi breve sobre proposiciónsSmith, William (ed.) (1867: Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I, pp.251-252. Boston. Little, Brown, & Comp..

Notas

categoría:oradores categoría:nados no século III categoría:finados no século III categoría:nados en Xordania