miniatura|230px|Prosopium abyssicola miniatura|230px|Prosopium gemmifer miniatura|230px|Prosopium williamsoni
Prosopium é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos.Prosopium Jordan, 1878 no WoRMS. Consultado o 14 de marzo de 2022.Prosopium Jordan, 1878 no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2022.Prosopium Jordan, 1878 na BioLib. Consultada o 14 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1878 polo naturalista estadounidense, especializado en ictioloxía, David Starr Jordan.
Etimoloxía O nome científico Prosopium está tirado do nome do grego antigo προσωπεἵον prosōpeíon, "máscara".Prosopion no Merriam-Webster Dictionary.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Irillion Jordan, 1919
Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies: Prosopium abyssicola (Snyder, 1919) Prosopium coulterii (Eigenmann & Eigenmann, 1892) Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784) Prosopium gemmifer (Snyder, 1919) Prosopium spilonotus (Snyder, 1919) Prosopium williamsoni (Girard, 1856)
Nota taxonómica As especies de Prosopium estiveron antigamente clasificadas no moi similar xénero Coregonus, até que Koelz, en 1929, elevou o daquela subxénero Prosopium á categoría de xénero.Walter Koelz (1929): Coregonid Fishes of the Great Lakes. Washington, U.S. Govt. Print. Off. (Tese de doutoramento na Universitdae de Míchigan, 1920).
Distribución Son peixes dulciacuícolas que habitan nas zonas setentrionais de América do Norte e do leste de Rusia, onde viven nos lagos e nos ríos grandes, visitando estes últimos as augas salobres.Especies de Prosopium en FishBase.
Características Anatomica e xeneticamente son simlares aos outros corégonos, pero co corpo máis cilíndrico.Booke, H. E. (1974): "A cytotaxonomic study of the round whitefishes, genus Prosopium". Copeia 1974 (1): 115-119.
Son salmónidos de cor de prateada a branca, co corpo de sección arredondada, cun pequeno fociño coa boca na parte inferior. Ambas as mandíbulas carecen de dentes. No primeiro arco branquial hai de 13 a 45 espiñas branquiais curtas e fortes. A aleta dorsal está sustentada por de 10 a 14 raios, e a aleta caudal está bifurcada.Lawrence M. Page & Brooks M. Burr (2011): Peterson Field Guide to Freshwater Fishes. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-5472-4206-4, pp. 44–45.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.
Outros artigos Salmónidos Coregoninos
Ligazóns externas Prosopium na ADW. Prosopium na EOL.
Categoría:Prosopium