Manuel Ventosinos Pereira, nado no Barqueiro (Mañón) cara a 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un carabineiro e político galego.

Traxectoria Carabineiro veciño do Barqueiro. En 1932 concedéronlle o premio de constancia de Carabineiro.La Voz de Galicia, 25-5-1932, p. 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937 con Luis Vidal Cao, Mario Fernández Salgueiro, Santiago Álvarez Fernández e Daniel Pena Debén, foi condenado á pena de morte.El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2. Foi executado no castelo de San Filipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández e José Rivera Vieiro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 21-12-1940, p. 5797-5804.BOE, 12-1-1944, p. 174-184.

Vida persoal

Casou con Felicidad Fernández Maragoto e foi pai de Manuel, Covadonga, Celestino, Juana e Antonio Ventosinos Fernández.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Manuel Ventosiños Pereira

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mañón Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados