O Instituto Argentino de Cultura Gallega é unha entidade cultural galega de Buenos Aires, creada en 1969. Historia
Creado en 1969 para continuar o labor da antiga Comisión de Cultura no Centro Gallego de Buenos Aires, que se ocupaba da difusión da cultura galega e a custodia do patrimonio cultural da institución. Durante un tempo xestionou a editorial Ediciones Galicia que publicou libros e discos. Entre os seus presidentes figurou Alfredo Baltar. En 1987 estaba presidido por Luis Sobreira González, sendo secretario Germán Quintela Novoa.La Voz de Galicia, 7-2-1987, p. 22.
O Instituto xestiona unha biblioteca, unha librería, un teatro e unha sala de exposicións, coida a colección de obras de arte e obxectos históricos do Centro Galego e os arquivos da actividade cultural. Organiza cursos e outras actividades.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diáspora galega Cultura galega na diáspora Centro Gallego de Buenos Aires
Ligazóns externas Instituto Argentino de Cultura Gallega do Centro galego de Bos Aires Institución - Instituto Argentino de Cultura Gallega
Categoría:Institucións da Cultura de Galicia no exterior Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Artigos sen imaxes