miniatura|upright=1.8|Cromosomas metafásicos dunha liña celular nos que se ve un cromosoma en anel (R) e varios intercambios de cromatidas non irmás, algúns dos cales están indicados por frechas. miniatura|Esquema dun intercambio de cromátides irmás. Os extremos das cromátides están invertidos na área inferior. O intercambio de cromátides irmás (ICI ou, en inglés, SCE) é o intercambio de material xenético entre dúas cromátides irmás idénticas.

Descubriuse usando o método de tinguidura Giemsa nunha cromátide que pertence ao complexo das cromátides irmás antes da anafase da mitose. A tinguidura revelou que pasaban poucos segmentos á cromatide irmá que non estaban tinguidos. A tinguidura Giemsa pode tinguir grazas á presenza da base análoga da bromodesoxiuridina, que foi introducida na cromátide desexada.

A razón pola que se produce o intercambio entre cromátides irmás non se coñece pero é necesaria e usada para facer probas mutaxénicas de moitos produtos. A distribución normal é catro ou cinco intercambios de cromátides irmás por par cromosómico por mitose, mentres que de 14 a 100 intercambios non son normais e supoñen un perigo para o organismo. O intercambio de cromátides irmás é elevado en patoloxías como a síndrome de Bloom, con taxas de recombinación de ~10-100 veces por riba do normal, dependendo do tipo cellar. Unha alta frecuencia de intercambio de cromátides irmás pode tamén estar relacionado coa formación de tumores.

O intercambio de cromátides irmás tamén se observou que é moi frecuente na enfermidade de Behçet B51(+) .

Mitose

A recombinación mitótica no lévedo de xemación Saccharomyces cerevisiae é fundamentalemnte o resultado dos procesos de reparación do ADN que responden aos danos espontáneos e inducidos que ocorren durante o crecemento vexetativo. (Tamén revisado por Bernstein e Bernstein, pp 220–221). Para que as células de lévedos reparen os danos por recombinación homóloga, debe estar presente no mesmo núcleo unha segunda molécula de ADN que conteña homoloxía de secuencias coa rexión que debe ser reparada. Nunha célula diploide na fase G1 do ciclo celular, unha molécula dese tipo está presente en forma de cromosoma homólogo. Porén, na fase G2 do ciclo cellar (despois da replicación do ADN), está tamén presente unha segunda molécula de ADN homóloga: a cromátide irmá. As probas indican que, debido á especial relación de proximidade que teñen, as cromátides irmás non soamente son preferidas ás cromátides homólogas, máis afastadas, como substratos para a reparación recombinacional, senón que ademais teñen a capacidade de reparar máis danos no ADN que as homólogas.

Meiose Os xenomas dos organismos diploides en poboacións naturais son altamente polimórficos para as insercións e delecións. Durante a meiose as roturas de dobre febra que se forman dentro de rexións polimórficas deben ser reparadas por intercambio entre cromátides irmás en vez de por intercambio entre cromátides homólogas. Un estudo a nivel moleclar da recombinación durante a meiose en lévedos de xemación mostrou que os eventos de recombinación iniciados por rexións de roturas de dobre febra que carecen de secuencias correspondentes no homólogo non irmán son reparados eficazmente por recombinación entre cromátides irmás. Esta recombinación ocorre coa mesma temporización que a recombinación entre homólogos, pero con rendementos reducidos (2 ou 3 veces) de moléculas de unións de Holliday. Este estudo e evidencias comparables procedentes doutros organismos (por exemplo o pavón), indican que a recombinación entre cromátides irmás ocorre fundamentalmente durante a meiose e ata un terzo de todos os eventos de recombinación ocorren entre cromátides irmás, aínda que principalmente por unha vía que non implica intermediarios de unión de Holliday.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cromátide irmá Meiose

Ligazóns externas

Categoría:Elementos xenéticos móbiles