Durante o período merovinxio, o mordomo de palacio (do latín: maior, domus ou maiordomo: o máis importante, o principal, entendendo que se fala de servidores) era o intendente principal do rei. Durante o reinado dos últimos reis merovinxios, tiñan realmente o poder político, exercendo a función de "primeiro ministro", función esta que se transmitía, con frecuencia, de pais a fillos.

Período merovinxio

Ao longo deste período aparece a familia dos Pipínidas (descendentes de Pipino de Landen, ou Pipino o Vello), que dá paso ao nacemento da dinastía Carolinxia.

O poder dos mordomos de palacio foi incrementándose dun modo continuo. En principio eran servidores do rei e responsábeis do palacio, pero de forma progresiva e a partir do século VII desenvolveron un verdadeiro poder detrás do trono de Austrasia, o sector nordeste do reino dos francos baixo a dinastía Merovinxia, polo que este oficio se converteu nunha aposta entre os aristócratas e rapidamente chegou a ser herdábel na familia dos Carolinxios.

Dagoberto I, consciente da ameaza que estes representaban, sepárase do mordomo Pipino de Landen e retoma, persoalmente, o poder. Pero cando morre, o reino recae definitivamente en mans dos mordomos pipínidas. A ascensión dos Pipínidas non se realizou sen tropezos e durante 20 anos, de 662 a 680, foron expulsados do poder pola familia de Vulfoald. Ansegisel, pai de Pipino de Heristal foi asasinado durante este período. Os soberanos descendentes de Dagoberto I, a miúdo moi novos e cunha esperanza de vida moi curta, non podían reinar sen a axuda dos mordomos de palacio. Estes aproveitaron a situación para acrecentar o seu poderío e dirixir o país substituíndo aos soberanos: eles nomeaban os bispos, os condes e os duques, asinaban os acordos cos países veciños, decidían e mantiñan as campañas militares. Os mordomos de palacio teceron, para o seu proveito, unha rede de fidelidades baseadas nos dotes e as alianzas matrimoniais.

En definitiva, o soberano non tiña ningunha función, de aí o nome de "reis folgazáns" que se atribuía aos soberanos descendentes de Dagoberto I (aínda que debe relativizarse esta expresión de "reis folgazáns". En efecto, a dinastía carolinxia, empeñouse, axiña que chegou definitivamente ao poder, a denigrar á antiga dinastía merovinxia intentando lexitimar o seu golpe de estado). Eles (os carolinxios) dispoñían do prestixio e da lexitimidade da súa dinastía. Os outros (os merovinxios) debíanllo ao seu sangue real.

O último rei merovinxio Khilderico III, foi encerrado nun mosteiro por Pipino o Breve en 751. Pipino pide ao Papa Zacarías que o recoñeza como soberano do reino franco. Trátase dunha usurpación e dun golpe de Estado, lexitimado polos historiadores da dinastía carolinxia, en particular por Eginhard. Pipino é proclamado rei en 751, máis tarde é consagrado en San Denis en 754. Deste xeito nace a dinastía carolinxia. O seu fillo, Carlomagno, asumiu un poder maior có seu pai ao ser coroado como Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, converténdose nunha das máis grandes figuras na historia de Francia e Alemaña

Principais mordomos de palacio Austrasia Radon, mordomo de palacio en Austrasia (614). Grimaldo I, mordomo de palacio de Austrasia, expulsado en (662). Vulfoaldo, mordomo de palacio de Austrasia (662-680) e de Neustria (673-675). Pipino de Landen, mordomo de palacio baixo o reinado de Dagoberto I (623-640) foi excluído para rebaixar as súas pretensións en 640, pero trala morte de Dagoberto, recobra a súa función a petición da rexente do reino. Otton, mordomo de palacio de Austrasia en (640-643). Asegiso (? 695) fillo de santo Arnoul, mordomo de palacio de Austrasia. Grimaldo II (?714), fillo de Pipino de Heristal, mordomo de palacio de Austrasia (698). Pipino de Heristal ou de Herstal, chamado tamén Pipino o Mozo (16 de decembro (635 (Jupille, Bélxica)-714), sobriño de Grimaldo, *mordomo dos palacios de Austrasia, Neustria e Borgoña. Carlos Martel (cara a 676, Quierzy-sur-Oise), fillo de Pipino de Heristal, mordomo de palacio de Austrasia e de Neustria, duque de Francia (737-741). Borgoña Garnier, embaixador de Bizancio cara a 570, despois mordomo de palacio. Pipino de Heristal, chamado Pipino o Mozo (16 de decembro 635 ? Jupille (Bélxica) 714, sobriño de Grimaldo, mordomo do palacio de Austrasia, Neustria e Borgoña. Pipino o Breve (cara a 715 en Jupille (Bélxica) 14 de setembro de 768 en San Denis), fillo de Carlos Martel, mordomo de palacio de Neustria, Borgoña e Provenza, rei de Neustria (751-768) rei de Francia (751). Neustria Gundeland 613/616-639. Erchinoald (641-658). Ébroíno 658-673 e 675 ? ? 680. Vulfoaldo, mordomo de palacio de Austrasia (662-680) e de Neustria (673-675). Leudesis, nomeado logo de Vulfoaldo, é rapidamente expulsado do poder por Ébroíno á súa volta do exilio. Waratton 680 ? ? 686, deposto, por un tempo, polo seu fillo. Ghislemar, fillo do anterior, derrocou ao seu pai en 684, e morreu pouco despois. Berchaire, xenro de Waratton, 686 ? 687. Pipino de Heristal, chamado Pipino o Mozo (16 de decembro 635 (Jupille, Bélxica)-714). Sobriño de Grimaldo, mordomo de palacio de Austrasia, Neustria e Borgoña. Ragamfredo, mordomo de palacio de 715 a 717. Pipino o Breve (cara a 715 en Jupille (Bélxica)- 14 de setembro 768 en San Denis), fillo de Carlos Martel, mordomo de palacio de Neustria, Borgoña e Provenza, rei de Neustria (751-768), rei de Francia (751). Provenza Pipino o Breve (cara a 715 en Jupille (Bélxica)- 14 de setembro 768 en San Denis), fillo de Carlos Martel, mordomo de palacio de Neustria, Borgoña e Provenza, rei de Neustria (751-768), rei de Francia (751). Na historia producíronse numerosos casos de devolución do poder da dinastía "lexítima" a unha dinastía de servidores. Os máis coñecidos, porque se instalaron durante un longo período de tempo, como no caso dos Pipínidas, son: os Peshawa, dos Marathas e os Shogun do Xapón.

Categoría:Francos Categoría:Historia de Francia Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Títulos Categoría:Ocupacións da Idade Media