Elvis Presley: The Searcher é un filme documental estadounidense de 2018 producido por HBO Documentary Films sobre a vida do cantante Elvis Presley, salientando o desenvolvemento da súa arte musical. Coeditado, coproducido e dirixido por Thom Zimny, o documental estreouse no South by Southwest Film Festival de 2018 en dúas partes o 14 e 15 de marzo de 2018, antes de estrearse en HBO o 14 de abril dese ano.
Produción En 2014, Priscilla Presley, a exmuller do músico estadounidense Elvis Presley, comezou a falar co amigo íntimo do cantante Jerry Schilling sobre a perspectiva de contar honestamente a historia de Elvis a través da súa música. Os dous axiña se achegaron ao presidente de HBO Miniseries, Kary Antholis, co seu plan, o cal el aceptou. Despois, el e a canle puxéronse en contacto co produtor Jon Landau para que puxese en marcha o proxecto.
Landau trouxo a Thom Zimny como director, despois de traballar xuntos durante case dúas décadas nos documentais de Bruce Springsteen. Landau pensou no título Elvis Presley: The Searcher ao escoitar a descrición de Priscilla sobre Elvis como un "buscador".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América