O molcaxete (náhuatl: mulcazitl ou molcaxitl; literalmente, "cunca para salsas") é un tipo de morteiro empregado tradicionalmente en México.
Partes e tipos Está formado por unha pedra forxada en forma cóncava. É un morteiro empregado na preparación de alimentos que se remonta ás civilizacións mesoamericanas precolombinas, incluíndo os aztecas e maias. Tradicionalmente obtense dun só bloque de basalto vesicular e ten tres pés.
Na época prehispánica, os molcaxetes facíanse a miúdo de cerámica, especialmente entre os aztecas. O exterior do molcaxete está frecuentemente decorado con cabezas de animais talladas. O porco é o animal máis utilizado para este tipo de decoración.
A man do molcaxete, chamada texolote (náhuatl: tetlxolotl; literalmente, "boneca de pedra"), está feita do mesmo material.
Uso Os molcaxetes aínda se utilizan hoxe en día para triturar e moer especias, para preparar diversas salsas e guacamole. Na cociña popular e tradicional séguese preferindo o seu uso ao das batidoras eléctricas polo particular sabor que a pedra dá aos alimentos.
De forma diferente é o metate, morteiro que se utiliza para moer o millo para ser utilizado na elaboración de tortillas e tamales e para a preparación de mole.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Metate Morteiro Muíño Muíño de man Muíño de vento
Ligazóns externas http://sepiensa.org.mx/contenidos/2006/s_metatemolcajete/p4.html Categoría:Gastronomía de México Categoría:Utensilios de cociña