Dólar de comercio (Estados Unidos) 160x160px160x160pxA/: a Liberdade sentada nun pedestal fronte ao mar, ollando á esquerda, sostendo cunha man unha póla de oliveira e coa outra unha fita coa palabra LIBERTY e rodeada por 13 estrelas (as 13 colonias). No pedestal, o lema IN GOOD WE TRUST. Data no exergo.R/: aguia que sostén nas súas gadoupas pólas con bagas e setas. Enriba, fita co lema E PLURIBUS UNUM. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / TRADE DOLLAR / 420 GRAINS. 900 FINE. Valor: 1 dólar. Gravador: William Barber. Datas de emisión: 1873-1885 Ceca: US Mint:cecas de Filadelfia, Carson City e San Francisco. Tiraxe: . Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 27,20 g. Canto: estriado.

O dólar de comercio estadounidense é unha moeda co valor facial dun dólar emitida en prata pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1873 e 1885 para competir con outros dólares comerciais de métrica similar emitidos por diversos países para o comercio coa Asia Oriental.

A idea da creación desta moeda xurdiu xa na década de 1860, cando o prezo da prata comezou a baixar por mor da actividade mineira no Oeste dos Estados Unidos. Finalmente, presentouse no Congreso un proxecto de lei que prevía a creación dun dólar de comercio, que foi aprobado e posteriormente sancionado como Lei da Moeda de 1873, que lle outorgaba curso legal nos EEUU unicamente ata unha cantidade de cinco dólares.

Logo de tomar en consideración varios deseños, tomáronse como definitivas a propostas presentadas, tanto para o anverso como para o reverso, polo gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, William Barber.

A súa cuñaxe iniciouse no propio 1873 e a maioría dos exemplares foron enviados á China. Co tempo, os produtores de prata comezaron a converter grandes cantidades deste metal en dólares de comercio na Casa da Moeda, o que provocou que a moeda chegase a inserirse nas canles comerciais estadounidenses. Tal situación causou insatisfacción entre os que a recibían como medio de pagamento, dada a mala sona acadada polos dólares de comercio, que se negociaban por un valor inferior ao seu valor nominal. En resposta á súa ampla presenza no mercado nos Estados Unidos, este dólar foi oficialmente desmonetizado en 1876, aínda que a súa cuñaxe se mantivo ata 1885 con algúns exemplares de proba anuais.

Antecedentes miniatura|O alto funcionario John Jay Knox popularizou a idea de crear un dólar comercial para competir co peso mexicano no seu uso no Extremo Oriente. Logo do estoupido en 1849 da febre do ouro de California, en 1851 xurdiu a febre do ouro Australiana, que provocou a introdución no comercio dunha cantidade de ouro superior á que poderían absorber doadamente as canles comerciais normais. Isto provocou unha diminución do valor do ouro e un aumento do valor relativo da prata. Como resultado, as moedas de prata desapareceron axiña da circulación por mor do seu acaparamento e da súa fundición. A reacción do Congreso foi autorizar que a US Mint reducise a produción de todas as moedas de prata do sistema, agás a de tres centavos e a dun dólar.Julian, R. W. (1993). Páxina 869. A partir da década de 1860 a produción de prata aumentou e, xa que logo, o seu prezo diminuíu. Durante este tempo, as moedas de prata desapareceron en gran medida da circulación e foron substituídas pola moeda de cobre divisionaria e polo papel moeda.Julian, R. W. (1993). Páxina 870.

Na China, o peso mexicano substituíra o real de oito español como moeda moi apreciada no comercio. No entanto, a poboación chinesa era moi sensible a calquera cambio no deseño das moedas e amosábase reticente a aceptar novas especies, por pequeno que fose o cambio no seu deseño. O dólar de prata estadounidense, que era 0,49 gramos máis lixeiro que o real de oito español e o peso mexicano, non era popular en Asia por esa diferenza de peso, o que obrigaba os comerciantes estadounidenses a mercar pezas españolas ou mexicanas para as utilizar no comercio.Taxay, D. (1983) . Páxina 251. A partir de 1866, durante o reinado en México do emperador Maximiliano, cambiouse o deño do peso para amosar o retrato do monarca, o que motivou a súa desaprobación xeneralizada pola poboación chinesa.Julian, R. W. (1993). Páxina 945.

Creación do marco lexislativo No marco dunha investigación levada a cabo na Ceca de San Francisco, John Jay Knox, que ocupaba o cargo de controlador de moeda adxunto, comezou a debater a situación monetaria con Louis A. Garnett, que exercera como tesoureiro e ensaiador daquela ceca. Garnett recomendou que os Estados Unidos cuñasen un dólar comercial para a súa exportación ao Extremo Oriente, co fin de competir coas moedas de comercio de prata emitidas por outros países e que xa eran moi populares na rexión.Julian, R. W. (1993). Páxina 871. O razoamento de Garnett baseábase en que a maioría das moedas se atesourarían ou se fundirían en Asia e nunca se chegarían a presentar para o seu troco, o que lle permitiría ao Goberno obter beneficios da señoriaxe —é dicir, na diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción—.The Nation: A Weekly Journal. Volume XVI. E. L. Godkin, Nova York. 12 de xuño de 1873. Páxina 401. Durante a súa estadía en San Francisco, Knox tamén discutiu a proposta de dólar de comercio con Henry Linderman, que naquel momento traballaba como axente especial do Tesouro dos EEUU. En 1870, Knox redactou un informe para o Tesouro e logo encargouse da redacción do proxecto de lei sobre a creación destas moedas, que foi aprobado por George Boutwell, o secretario do Tesouro. Logo dalgunhas revisións e modificacións, o proxecto de lei foi presentado ao Congreso.Julian, R. W. (1993). Páxina 872. miniatura|151x151px|Esta proposta de deseño de William Barber para o dólar de comercio estadounidense, que amosa a Columbia cunha aguia, foi rexeitada pola Casa da Moeda por ser excesivamente militarista.Adams, E. H.; Woodin, W. H. (1913). Nº 1255. Páxina 126. O 19 de novembro de 1872, en tanto que o proxecto de lei sobre a cuñaxe de moedas continuaba no Congreso, Linderman presentoulle un informe ao secretario do Tesouro no que argumentaba que o dólar de comercio non precisaría ter curso legal e que podería ser unha simple peza de prata impresa cos datos do seu peso e da fineza da súa lei. Linderman tamén sinalaba que un produto desta natureza podería substituír o peso mexicano e chegar a reportar un beneficio de entre o seis e o oito por cento; naquel momento, a prata estadounidense exportada a Asia vendíase cun desconto do dous por cento. Linderman propuxo que a moeda recibise o nome de Silver Union ("unión de prata", para a distinguir dos dólares para a circulación común que se cuñaban naquela época.Linderman, H. R. (1879). Páxinas 47-54.

En febreiro de 1872, o proxecto de lei foi emendado por un comité da Cámara de Representantes para incluír a autorización dun dólar de comercio de 27 gramos, aínda que esta proposta foi substituída meses despois, cando a Cámara votou favorablemente a produción dun dólar estándar de 24,9 gramos. Porén, mentres estaba no Senado, engadiuse ao proxecto unha disposición que lle esixía ao Tesouro retomar a idea da cuñaxe dun dólar de 27 gramos. O proxecto de lei xa revisado foi aprobado na Cámara de Representantes e no Senado, e foi asinado polo presidente Ulysses S. Grant o 12 de febreiro de 1873, para se converter na Lei da Moeda de 1873."History of the Coinage Act of 1873". House of Representatives. Government Printing Office, Washington, 1900.

Entre outras cousas, a nova lei prevía a cuñaxe de dólares de comercio dotados de curso legal ata a cantidade de cinco dólares.Julian, R. W. (1993). Páxina 876. A disposición sobre a dotación do carácter de curso legal engadiuse mediante unha cláusula de última hora para satisfacer os intereses dos produtores de prata.Breen, W. (1988). Páxina 466. Ante a insistencia do senador por Ohio John Sherman, ordenouse indicar no seu reverso o peso e a fineza da lei da moeda, unha indicación que o historiador numismático Don Taxay considerou incomprensible, xa que "os comerciantes chineses nunca a entenderían".Taxay, D. (1983) . Páxinas 258-259.

Con anterioridade á aprobación da Lei da Moeda de 1873, o director da Ceca de Filadelfia era tamén o responsable do resto das sucursais da Casa da Moeda dos Estados Unidos; mais logo da súa aprobación, a dirección da US Mint trasladouse a Washington e a responsabilidade das cecas sucursais foi transferida aos seus respectivos superintendentes.Evans, G. G. (1887). Páxina 99.

Selección do deseño miniatura|450x450px|Outras probas non aceptadas do dólar de comercio estadounidense.Adams, E. H.; Woodin, W. H. (1913). Páxinas 125-126. Xa ao longo de 1872, a Casa da Moeda levou a cabo a cuñaxe dunha serie de probas para determinar un deseño definitivo do novo dólar de comercio, en previsión de que a nova Lei da Moeda puidese ser aprobada en calquera momento. A produción destas probas continuou durante 1873, e a denominación inicial de "dólar comercial" (commercial dollar) cambiou a "dólar de comercio" (trade dollar), xa antes de que o proxecto se convertese en lei. Logo da aprobación da lei, Linderman reuniuse co director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, James Pollock, para discutir acerca do deseño do novo dólar xa autorizado, e ambos acordaron solicitar á empresa de xoiaría e gravado de Filadelfia Bailey Banks & Biddle a proposta duns deseños, para os comparar cos xa creados polo gravador xefe da Casa da Moeda, William Barber.Julian, R. W. (1993). Páxina 873.

Logo de examinar os deseños propostos por ambas as partes, Linderman determinou que se debería representar unha figura sedente da Liberdade ollando cara á esquerda, en alusión a Oriente, a Asia. Ao parecer, Linderman seleccionou os deseños a partir de dous padróns diferentes.Taxay, D. (1983) . Páxina 279. En xuño de 1873, revisou os deseños presentados por Barber e elixiu un anverso que un xornalista da época describiu como "unha figura feminina sentada sobre fardos de mercadorías, que sostén na man esquerda un pergamiño coa palabra 'Liberdade', e ás súas costas hai unha manda de trigo que expresa, xunto cos fardos, o carácter comercial da moeda: a man dereita estendida sostén unha póla de oliveira".Vermeule, C. (1971). Páxinas 67-68. O reverso seleccionado representa unha aguia calva, tal e como esixe a lei.Julian, R. W. (1993). Páxina 875. A aguia ten tres frechas na pouta dereita e unha póla de oliveira na esquerda, unha inversión da orde da maioría das moedas de prata estadounidenses da época.Lange, D. W. (2006). Páxina 104. A Casa da Moeda dos Estados Unidos vendeu ao público, en cantidades limitadas, un conxunto de seis probas cuñadas, catro con variacións sobre o anverso adoptado e dúas con retratos da Liberdade.Vermeule, C. (1971). Páxinas 68-69.

Produción miniatura|O cuñador xefe da US Mint, A. Loudon Snowden, queixouse formalmente de que os puntos máis altos do dólar de comercio non se estaban a gravar adecuadamente.Morris, C. (1896). Men of the Century. L.R. Hamersly, Filadelfia. Páxina 73.

Linderman asumiu o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos e Pollock pasou a ser o superintendente da Ceca de Filadelfia.Evans, G. G. (1887). Páxina 100. En xullo de 1873 comezou a produción dos cuños necesarios para a cuñaxe das moedas e Linderman pediulle a Pollock mediante un telegrama que se acelerase a produción dos dólares de comercio porque soubo que México estaba a preparar unha nova emisión de pesos cun deseño antigo, que xa se suspendera en 1866 pero que resultaba moi popular en Asia. Así as cousas, o primeiro dólar de comercio foi cuñado durante unha cerimonia disposta para a ocasión o 11 de xullo de 1873 na Ceca de Filadelfia.