José Juan Vilasánchez Pazos, nado en Redes (Ares) o 8 de abril de 1950, é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Mestre de EXB especializado en filoloxía hispánica, exerceu no colexio Conde de Fenosa de AresEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 4-3-1993, p.41.. Foi presidente de Club de Tenis de RedesEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 4-3-1993, p.41.. Nas eleccións municipais de 1991 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ares e foi elixido grazas ó apoio do BNG, gobernando en minoría. Nas municipais de 1995 foi reelixido alcalde mediante un pacto de goberno co BNG. Perdeu a alcaldía nas municipais de 1999 en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta, permanecendo como portavoz socialista ata a fin do mandato. Volveu á política como número 3 do PSdeG nas municipais de 2007, nas cales os socialistas recuperaron o goberno de Ares e pasou a ser concelleiro de urbanismo. Porén, presentou a súa dimisión en xuño de 2008Crónica da súa dimisión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ares
Categoría:Alcaldes de Ares Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Ares Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes