Douglas Harry "Wheels" Wheelock, nado en Binghamton, Nova York, o 5 de maio de 1960, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-120 e Soiuz TMA-19, sendo membro das expedicións 24 e 25 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Wheelock graduouse en ciencia aplicada e enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1983 e é máster en enxeñaría aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia en 1992. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1998, participando nas misións STS-120 e Soiuz TMA-19 e sendo membro das expedicións 24 e 25 á Estación Espacial Internacional. Pasou 178,40 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-120 Soiuz TMA-19 Expedición 24 Expedición 25 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Nova York