Esther Margareta Katzen, nada en Buenos Aires o 16 de setembro de 1935, é unha escritora, socióloga, psicóloga e médica arxentina coñecida como Esther Vilar. Vilar apoia o que ela chamou "feminismo feminino", onde non se reproduce o concepto de que o home domina é a muller é vítima. Desde a súa tese busca inspirar a muller para que non dependa, logre posicionamento e liderado laboral e sexa sexualmente libre.
Traxectoria Os pais de Vilar eran emigrantes xudeus alemás, que se separaron cando ela tiña tres anos.
Estudou medicina na Universidade de Buenos Aires e en 1960 recibiu unha bolsa para continuar na República Federal Alemá os seus estudos de mestrado en psicoloxía e socioloxía. Traballou como médica nun hospital bávaro durante un ano e ademais traballou como tradutora, vendedora, traballadora nunha liña de montaxe nunha fábrica de termómetros, modelo de zapatos e secretaria.
Esther casou co autor alemán Klaus Wagn en 1961.Wünsch dir was Der Spiegel, 27 de decembro de 1971 . Consultado o 20 de decembro de 2011. Tiveron un fillo, Martin, nado en 1964. O matrimonio rematou en divorcio. Con respecto ao divorcio, Esther dixo:
Abandonou a medicina para dedicarse a escribir. O fundamento da súa postura "feminista feminina" estableceuse na triloxía inicial que Vilar escribiu baixo o estilo de panfletos: El varón domado (1971), El varón polígamo (1974) e Modelo para un nuevo machismo (1977). Unha das ideas principais do seu libro El varón domado é que a muller non está oprimida polo varón senón que é a muller a que controla o varón para que sexa o seu escravo de benestar e isto é algo do que o home moitas veces non é consciente. Para iso, a muller compromete o home empregando estratexias de sedución, así como gabanzas, administrados coidadosamente. El varón domado foi bastante popular no momento da súa publicación, en parte debido á considerable cobertura da prensa que recibiu.E. Vilar, "Der dressierte Mann", radio-interview ARD, 7 de novembro de 1971 . Consultado o 19 de decembro de 2011. Vilar aperece en The Tonight Show o 21 de febreiro de 1973 para discutir sobre o libro. En 1975 foi convidada a un debate televisivo por WDR con Alice Schwarzer, que despois se fixo célebre como representante do movemento das mulleres nesa época. O debate foi controvertido, e Schwarzer afirmou que Vilar eraIm Clinch Der Spiegel, 10 de febreiro de 1975 . Consultado o 20 de decebmro de 2011. "non só sexista, senón fascista", comparando o seu libro co xornal nazi Der Stürmer.Frau gegen Frau Die Zeit, 16 de xuño de 2005 . Consultado o 20 de decembro de 2011.
Nos anos posteriores dedicouse sobre todo ao teatro, con pezas como La sonrisa de la barracuda, Speer (sobre o arquitecto Albert Speer, posta en escena en Berlín e Londres, dirixida e protagonizada por Klaus Maria Brandauer), Horario de una venganza ou El discurso inaugural de la papisa americana e escribiu o suspense erótico Hablar y callar en Palermo en 2008.
Vilar viviu nos Estados Unidos, Alemaña, Suíza, Italia, Francia, España e Irlanda, antes de instalarse definitivamente no Reino Unido.
Obra El varón domado (1971) El varón polígamo (1974) Modelo para un nuevo machismo (1977) Das Ende der Dressur (1977) Viejos (1981) El discurso inaugural de la papisa americana (1982) Historia de amor para un zoólogo (1985) Las Matemáticas de Nina Gluckstein (1985) El encanto de la estupidez (1987) La educación de los ángeles (1995) ¿Es inmoral el matrimonio? (1995) Católicas del mundo, uníos (1996) Prohibido pensar (1998) Speer (1998) Los siete fuegos de Mademoiselle (2001)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1935 Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Arxentinos de ascendencia alemá Categoría:Ensaístas Categoría:Médicos da Arxentina Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires