Paul Cézanne, nado en Aix-en-Provence o 19 de xaneiro de 1839 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1906, foi un pintor francés, considerado o pai da arte moderna. Tentou conseguir unha síntese ideal da representación naturalista, a expresión persoal e a orde pictórica abstracta.
Entre todos os artistas do seu tempo, Cézanne talvez sexa o que exerceu unha influencia máis profunda na arte do século XX (Henri Matisse admiraba a súa utilización da cor e Pablo Picasso desenvolveu a estrutura da composición plana de Cézanne para crea-lo estilo cubista). Porén, mentres viviu, Cézanne foi un pintor ignorado que traballou en medio dun grande illamento. Desconfiaba dos críticos, tiña poucos amigos e, ata 1895, expuxo só de xeito ocasional. Estaba distanciado incluso da súa familia, que cualificaba o seu comportamento de estraño e non apreciaba o carácter revolucionario da súa arte.
Traxectoria Familia e primeiros anos Cézanne naceu o 19 de xaneiro de 1839 na cidade de Aix-en-Provence, no sur de Francia.J. Lindsay Cezanne; his life and art, p. 6. O 22 de febreiro, foi bautizado na igrexa parroquial, coa súa avoa e o seu tío Louis como padriños. O apelido «Cézanne» semella proceder da localidade actualmente italiana de Cesana nos Vales Valdenses, no Piamonte Occidental, asumíndose que se trata dun apelido de orixe italiana.J. Lindsay Cezanne; his life and art, p.3. O seu pai, Louis-Auguste Cézanne (28 de xullo de 1798 - 23 de outubro de 1886). era sombrereiro, converténdose en banqueiro en 1847, como un dos socios fundadores da firma «Cézanne e Chabanel», que prosperou ao longo da vida do artista, o que lle permitiu unha seguridade financeira inacadable para a maioría dos seus contemporáneos. Por outro lado, a súa nai, Anne-Elisabeth Honorine Aubert (24 de setembro de 1814 – 25 de outubro de 1897) era vivaz e romántica, pero ofendíase de xeito doado.A. Vollard First Impressions, p.16 Dela Paul herdou o seu concepto e visión da vida. Tiña tamén dúas irmas novas, Marie e Rose.A. Vollard, First Impressions, p.14 miniatura|dereita|200px|Rapaza ao piano (A obertura de Tannhäuser), 1869, na que se atopan representadas a irmá e a nai de Cézanne En 1852 comezou os seus estudos no colexio Bourbon (actualmente, Colexio Mignet) da súa cidade natal, onde emprendeu relación con Émile Zola, que estaba nunha clase inferior. Permaneceu alí durante seis anos, sendo alumno externo nos dous derradeiros anos de escola.J. Lindsay Cezanne; his life and art, p.12 En 1857 inscribiuse na Escola de Debuxo de Aix, asistindo aos cursos de Joseph Gibert, director da escola e do museo de belas artes da cidade.«La vida y el arte», pp. 27-70, en "Cézanne", Los grandes genios del arte, n.º 19, Eileen Romano (dir.), Unidad Editorial, S.A., 2005, ISBN 84-89780-71-4
Dende 1859 ata 1861 estivo matriculado, por influencia paterna, na facultade de Dereito da Universidade de Aix, mentres seguía recibindo leccións de debuxo.P. Cézanne Paul Cézanne, letters, p.10 Axiña comprendeu que a súa verdadeira vocación era a pintura. Instalou o seu primeiro obradoiro en Jas de Bouffan, a casa de campo dos seus pais. Decorouna con temas referentes a As catro estacións (1860), que asinou, con ironía, como «Ingres». En 1861, despois dunha serie de encarnizadas discusións familiares, recibiu unha pequena asignación e marchou estudar arte a París. Animouno a adoptar esta decisión Zola, quen vivía na capital dende 1858.
Formación en París Unha vez na capital francesa, Cézanne inscribiuse na Academia Suíza para preparar o exame de ingreso na escola de Belas Artes. No Museo do Louvre descubriu a obra de Caravaggio e mais Velázquez, o seu achado marcou fondamente a súa evolución artística.
Cézanne sentiuse axiña atraído polos elementos máis radicais do mundo artístico parisiense. Admiraba sobre todo ao pintor romántico Eugène Delacroix e, entre os artistas máis xoves, a Gustave Courbet e a Édouard Manet, que expoñían obras que a maioría dos seus contemporáneos achaban chocantes tanto polo seu estilo como pola súa temática. Fotografía de Cézanne 1861|miniatura|esquerda Moitas das primeiras obras de Cézanne estaban pintadas con pigmentos mestos e en tons escuros que lembraban o expresionismo romántico e melancólico de xeracións anteriores. Así a todo, ao igual ca Zola no seu empeño por desenvolver unha narrativa realista, tamén Cézanne manifestou un interese progresivo na representación da vida contemporánea: quería pintar o mundo tal e como se presentaba ante os seus ollos, sen se preocupar de idealizacións temáticas ou afectación no estilo. Louis-Auguste Cézanne 1866|miniatura Sentíndose incapaz de pintar, regresou a Aix e aceptou un emprego no banco de seu pai, pero en 1862 decidiu volver a París para se consagraren definitivamente á pintura. Alí retomou a súa amizade con Zola e continuou os seus estudos na Academia Suíza, onde coñeceu a Armand Guillaumin e a Camille Pissarro, pintor maior ca el aínda que pouco recoñecido, que vivía coa súa numerosa familia nunha zona rural nos arrabais de París. Grazas ao contacto co derradeiro, Cézanne daría un xiro radical no seu estilo, desvencellándose de toda norma académica e da paleta sombría e fortemente empastada que o caracterizaba.
Pissarro non só proporcionou ao inseguro Cézanne o apoio moral que precisaba senón que o introduciu na nova técnica impresionista para conseguir os efectos da luz natural.
Xunto con Claude Monet, Pierre-Auguste Renoir e uns poucos pintores máis, había un estilo para traballar ao aire libre (en plein air) de forma rápida e a escala reducida, que consistía en utilizar pequenos toques de cores puras, sen recorrer a bosquexos preliminares nin a debuxos. Pretendían atrapar dese modo os efectos lumínicos fugaces así como a súa interpretación visual, tamén efémera, da natureza. Baixo a tutela de Pissarro, no curto período comprendido entre 1872 e 1873, Cézanne pasou dos tons escuros ás cores rechamantes e comezou a se concentrar en escenas da vida rural.
Aínda que asemellaba posuír menos dominio técnico cós outros impresionistas, Cézanne foi aceptado dentro do grupo e expuxo con eles en 1874 e 1877. En xeral, os impresionistas contaban cun éxito comercial limitado, e as obras de Cézanne tiveron a acollida máis desfavorable por parte da crítica. Distanciouse de moitos dos seus contactos parisienses a finais da década de 1870 e durante toda a década de 1880 pasou gran parte do tempo na súa Aix-en-Provence natal.
Provenza Retrato de Paul Cézanne fillo 1881-82|miniatura
Cézanne pasou o ano 1878 no Mediodía, con Hortense Fiquet e mailo seu fillo Paul (1872—1947). En marzo, o seu pai descubriu o asunto de Hortense e ameazouno con romper con el financeiramente, mais no mes de setembro, decidiu subirlle a asignación a 400 francos. Entre 1879-80 pasou parte do inverno en Melun, aproveitando para pintar a paisaxe cuberta de neve. Entre as obras mestras deste período está a vista da Ponte de Maincy. Vista de Marsella dende a casa de L´Estaque|miniatura|esquerda En agosto de 1880 marchou a casa de Zola en Médan, nas beiras do río Sena onde coñeceu a Huysmans; aproveitou para pintar ao aire libre. O seu pai, debido á vida que levaba deixou de axudalo economicamente. En maio de 1881, coñeceu a Gauguin na casa de Pissarro en Pontoise; en outubro volveu a Aix, onde o seu pai Louis-Auguste fixéralle un obradoiro para que pintase en Jas de Bouffan. Atopábase no andar superior da casa, proporcionóuselle unha grande fiestra, que permitía a entrada da luz do norte. A familia Cézanne fixo definitivamente o seu fogar en L'Estaque, e a partir de entón só en raras ocasións abandonou a Provenza. O traslado reflite unha nova independencia respecto aos impresionistas, centrados en París, e a preferencia do pintor polo sur, a súa terra nai.
En L'Estaque recibiu a visita de Renoir (1882), quen quedou abraiado coa beleza da paisaxe. Ese ano foi a única vez na que puido expor no Salón de París, grazas a intervención do seu amigo o artista Antoine Guillemet, Retrato de Louis-Auguste Cézanne, pai do artista, lendo 'l'Evénement''', 1866 (National Gallery, Washington).Gowing, 1988, p. 110 Sendo pouco o recoñecemento que obten pola crítica oficial. Naquel entón, deixou de traballar en estreita relación con Pissarro. Coñecera ao pintor Monticelli en Marsella na década de 1860, e entre 1878 e 1884 os dous artistas a míudo pintaron paisaxes xuntos, percorrendo nunha ocasión durante un mes o campo de Aix. En 1883 morreu Manet, nova que afectou a Cézanne. En decembro reuníronse con el en L'Estaque, Monet e mais Renoir.
Ruptura con Zola e casamento Hortense Cézanne (n. Fiquet) 1891-92|esquerda|miniatura Casa de Cézanne en Jas de Bouffan 1878|miniatura O ano 1886 foi crucial: casou con Hortense Fiquet e, no mes de outubro dese ano, morreu o seu pai. Este deixoulle en herdanza a leira que mercara en 1859. Cézanne tiña 47 anos de idade e por fin conseguira a independencia económica, grazas á grande herdanza que recibira, aínda que seguiu mantendo o seu illamento social. Nese mesmo ano a súa amizade con Émile Zola queda esnaquizada, despois de que este usárao, en gran medida, como modelo para o artista fracasado e tráxico Claude Lantier, en A obra. Cézanne sentiu que a novela era indecorosa e constituía unha traizón por parte do seu amigo da xuventude, quen outrora fora o seu grande apoio durante moito tempo, polo que non volveron verse nunca máis.
En 1888 a familia instalouse na mansión de Jas de Bouffan. Actualmente o inmoble é propiedade da cidade, e atópase aberto ao público de xeito limitado. En 1889 expuxo A casa do aforcado na Exposición Universal.
Exposición con Les XX Ao ano seguinte, expón en Bruxelas con Les XX, un grupo de pintores moi activos. Non obstante, o seu período idílico en Jas de Bouffan foi só temporal. Dende 1890 ata a súa morte, sucedéronse acontecementos perturbadores que fixérono illarse máis, adicándose en exclusiva á pintura. Entre 1887 e 1893, só recibe a visita duns poucos iniciados, como os marchantes de arte J. Tanguy e Ambroise Vollard.
En 1890 foi diagnosticado de diabetes, o que desestabilizou a súa personalidade ata o punto de afectar a súa relación con Hortense. Buscando unha reconciliación viaxou a Suíza, con Hortense e mailo seu fillo. Porén, Cézanne axiña volveu vivir na Provenza, marchando Hortense e o xove Paul a París. As necesidades financeiras obrigaron a Hortense a volver á Provenza instalándose nunha vivenda separada. Cézanne trasladouse entón coa súa nai e maila súa irmá. miniatura|dereita|Casa de Cézanne nas canteiras de Bibémus, Aix-en-Provence Montaña Sainte-Victoire|miniatura En 1891 asumiu de novo o catolicismo, aínda que as imaxes relixiosas foron escasas na súa obra tardía. Cézanne sostiña que
Primeira exposición individual En 1895 celebrouse a súa primeira exposición individual, organizada por Ambroise Vollard, con 100 teas. Este marchante promoveu a obra de Cézanne con grande éxito durante os anos seguintes, logrando que subise a súa cotización, como se comproba ao ver os prezos das vendas Duret e Tanguy (1894)A venda Tanguy foi a poxa dos cadros que conservaba na súa tenda o "tío" Tanguy, entre os que atopábanse numerosos Cézanne que se venderon con prezos entre 45 e 215 francos. e a venda Chocquet de 1899.A venda Chocquet produciuse trala morte en 1899 da dona de Chocquet, o que deu lugar á venda da súa colección de arte.
En 1897 morreu a súa nai, o que lle permitiu reconciliarse coa súa muller. Vendeu Jas de Bouffan e alugou unha propiedade en Rue Boulegon, onde estableceu un obradoiro. Alugou tamén unha habitación no Château Noir, preto de Aix, onde prepara tamén un pequeno obradoiro. Pasou unha tempada en Le Tholonet, na ladeira da montaña Sainte-Victoire, facendo dela un obxecto da súa obra, o mesmo cá canteira de Bibémus.
Homenaxe a Cézanne