A dos pegásidos ( Pegasidae ) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gasterosteiformes.Pegasidae no WoRMS. Consultado o 7 de abril de 2022.Pegasidae no GBIF. Consultado o 7 de abril de 2022. Pegasidae na BioLib. Consultada o 7 de abril de 2022.

Coñecidos na bibliografía internacional como peixes dragón ou dragóns de mar''', o seu xénero tipo é Pegasus.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1831 polo naturalista, ornitólogo. ictiólogo e político francés Charles Lucien Bonaparte.

Xéneros e especies A familia comprende dous xéneros, coas especies que se indican:Eurypegasus Bleeker, 1863 no WoRMS.Eurypegasus Bleeker, 1863 na BioLib.Pegasus Linnaeus, 1758 no WoRMS.Pegasus Linnaeus, 1758 na BioLib. Eurypegasus Bleeker, 1863 Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766) Eurypegasus papilio (Gilbert, 1905) Pegasus Linnaeus, 1758 Pegasus lancifer (Kaup, 1861) Pegasus laternarius (Cuvier, 1816) Pegasus volitans (Linnaeus, 1758)

Características Duns 13 cm de lonxitude máxima, teñen o corpo ancho e moi deprimido, contido dentro de placas óseas, coa boca pequena e desdentada, así como un característico rostro longo e plano sobresaíndo dos orificios nasais.Nelson, J. S. (2006).

As aletas dorsal e anal son curtas, sen espiñas e, polo xeral, con 5 raios suaves cada unha. As aletas pectorais son relativamente grandes e situadas horizontalmente, con máis de 10 raios.

Carecen de vexiga natatoria.

Aliméntanse de zoobentos diminutos coa axuda do seu fociño extremadamente protráctil. A desova ten lugar en augas abertas cerca da superficie. centro|miniatura|Eurypegasus draconis

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world''. 4ª edición. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos Gasterosteiformes

Categoría:Gasterosteiformes