Mary Elizabeth Thomas Peavey Brooks, nada en Colby, Kansas, o 1 de novembro de 1907 e finada en Twin Falls, Idaho, o 11 de febreiro de 2002, foi unha política e alta funcionaria estadounidense, directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre setembro de 1969 e febreiro de 1977.
Traxectoria
Primeiros anos e educación Mary Elizabeth naceu o 1 de novembro de 1907 en Colby, Kansas, única filla de John W. Thomas e de Florence Johnson."In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint. A principios de 1909 a súa familia trasladouse a Idaho, cando ela tiña un ano de idade. O seu pai era un gandeiro e banqueiro, que foi nomeado senador dos EEUU por Idaho en dúas ocasións, en 1928 e en 1940.Bottcher, W. R. (1940). "John Thomas, only man in history of Idaho..." En Lewiston Morning Tribune. 28 de xaneiro. Idaho. Páxina 12.
Cursou o seu ensino secundario no instituto de Gooding, Idaho, onde se graduou en 1925, e logo continuou os seus estudos no Mills College de Oakland, California. En 1927 ingresou na Universidade de Idaho en Moscow, onde se graduou en Economía en 1929."In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.
Carreira pública Brooks foi elixida para o Senado do Estado de Idaho en 1964, posto no que permaneceu ata 1969, cando en setembro dese ano foi escollida polo presidente Richard Nixon para ocupar o posto de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, no que se mantivo ata a súa renuncia o 11 de febreiro de 1977."Mary Brooks Resigns as Director of the Mint". United States Mint."In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.McPike, S. (2015). "Six Women Who Have Led the United States Mint ". United States Mint News. 18 de marzo.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 167-179.
miniatura|260x260px|Mary Brooks entrégalle a Gerald Ford o primeiro xogo de moedas do Bicentenario, o 13 de novembro de 1974.
Na súa etapa de dirección da ceca pública, supervisou o lanzamento de moedas tan senlleiras como o dólar Eisenhower e a serie dedicada ao bicentenario dos EEUU."U.S. mint director, sheep rancher dies at 94". En Lewiston Morning Tribune. Idaho. 16 de febreiro de 2002. Páxina 13A. Tamén se lle atribúe o mérito de ter recuperado o antigo edificio da Ceca de San Francisco, un dos poucos que sobreviviu ao terremoto de 1906 e que permanecía desocupado e moi deteriorado desde 1937. En 1974, Brooks recibiu o premio I Left My Heart In San Francisco, polos seus esforzos na conservación do edificio.
Ademais, Brooks tamén foi galardoada coa medalla ao mérito da American Numismatic Association en 1988,"Past Award Recipients". American Numismatic Association. e foi a primeira muller en recibir o máis alto recoñecemento do Departamento do Tesouro dos EEUU, o premio Alexander Hamilton, en 1977."In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.
En 1970 ingresou no Salón da Fama da Universidade de Idaho, que lle concedeu un doutoramento honorario en 1999.
Vida persoal Brooks casou en 1939 con Arthur Jacob Peavey, con quen tivo un fillo e unha filla; Pavey faleceu nun accidente de caza en 1941. Ao enviuvar e logo do pasamento da súa nai, trasladouse cos seus fillos a Washington, onde o seu pai ocupaba un posto como senador.
En Washington casou en segundas nupcias, en maio de 1945, con C. Wayland Brooks, senador por Illinois. Cando este cesou como senador, a familia marchou a vivir nas proximidades de Chicago, onde el faleceu dun infarto en 1957.
Logo da súa renuncia á dirección da US Mint, Brroks regresou a Idaho para se facer cargo do rancho familiar.
Brooks finou en 2002 en Twin Falls aos 94 anos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
Mary Brooks (Elizabeth Thomas Peavey). Idaho's Women of Influence
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Kansas Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Idaho Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Idaho