D.O. Cangas 270px Adegas 6 Superficie 31 ha Viticultores 44 Produción 776 hl Páxina web www.docagas.es Enderezo Centro de Empresas de Obanca33800 Cangas del Narcea. A Denominación de Orixe Cangas é unha zona con denominación de orixe protexida para o viño de calidade que se colleita nos concellos de Cangas del Narcea, Degaña, Allande, Grandas de Salime, Eilao, Pezós, Ibias e máis as parroquias de Arganza, Merías, Ponte, El Rodical, Santianes, Souto, Surriba, Tuña e Xinestaza do concello de Tinéu nun territorio que se localiza no occidente de Asturias. Regulamentouse en 2001 como Viño da Terra e acadou a condición de Viño de Calidade en 2009. Inclúe tanto viños brancos coma tintos.
Variedades de uvas As variedades de uva recomendadas son: Albariño, albilla, garnacha tintureira, mencía, picapoll e verdello tinto mentres que as variedades autorizadas tamén inclúen o albariño tinto, carraquín, godello, gewürztraminer, merlot, moscatel de bago miúdo, pinot noir e syrah. Notas
Cangas Categoría:Gastronomía de Asturias