O colapso do edificio coñecido como Rana Praza produciuse o 24 de abril de 2013 cando o bloque de oito pisos se derrubou en Savar, un distrito de Daca, capital de Bangladesh. Morreron 1134 persoas e outras 2437 resultaron feridas.Ya son más de mil los muertos por el derrumbe de Bangladés. El Rana Plaza se incendió y desplomó el pasado 24 de abril con 3.122 personas en su interior, Público, 10/5/2013 O edificio, que contiña fábricas de roupa, un banco e varias tendas, derrubouse durante a hora punta da mañá tras haberse ignorado as advertencias de que debía desaloxarse o edificio despois de haberse descuberto gretas o día anterior.Bangladesh y la explotación de los trabajadores. Dossier, Jorge Yabkowski, Deborah Orr, Maha Rafi Atal, Vijay Prashad, Sin permiso, 6/6/2013

Cronoloxía dos feitos

Antecedentes O edificio, coñecido como Rana Praza, é propiedade dun dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami, Sohel Ra e aloxaba catro fábricas de roupa independentes que empregaban a unhas 5.000 persoas. Foi tamén sede dun gran número de tendas e dun banco. As fábricas producían pezas de vestir para marcas como Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon, Inditex e Primark, así como para empresas de distribución como El Corte Inglés.

Aparición de gretas o día 23 e derrubamento o 24 de abril

A pesar de que se pediu o desaloxo do edificio despois de descubrir gretas de envergadura o 23 de abril de 2013, os donos das fábricas esixiron a moitos traballadores da confección que volvesen traballar ao día seguinte, declarando que o edificio era seguro. Algúns traballadores dixeron que as gretas eran moi graves, tan graves que a aparición das mesmas foi noticia en varias canles de noticias locais. O edificio derrubouse ao redor das 09:00 a. m., deixando só a planta baixa intacta. Un bombeiro dixo que no edificio podería haber ao redor de 2.000 persoas cando se produciu o colapso, un dos sobreviventes indicou que poderían ser até 5.000 traballadores. Un residente do local describiu a escena coma se fose "un terremoto".

Vítimas

Un dos sitios web da fábrica de roupa indica que máis da metade das vítimas foron mulleres, xunto cos seus fillos, que se atopaban nas instalacións de gardaría dentro do edificio.

IndustriALL Global Union e a UNI Global Union logran un acordo para un plan de prevención Ante a magnitude do accidente e a presión dos sindicatos IndustriALL Global Union¡Lo logramos! – Avance mundial al firmar las marcas de minoristas el Acuerdo sobre seguridad de las fábricas en Bangladés, IndustriALL global union, 16/5/2013 (en castelán) e UNI Global Union, nunha poderosa alianza con importantes ONG, a Campaña Roupa Limpa e o Consorcio de Dereitos dos Traballadores, conseguiron importantes melloras para os traballadores en Bangladés.Bangladesh: Mango y El Corte Inglés, Juan Hernández Zubizarreta, naiz, 16/5/2013 Polo menos 24 empresas multinacionais asinaron un acordo que, sobre o papel, prevé inspeccións independentes. O gran número de mortes e accidentados fixo reaccionar a numerosas empresas que en anteriores ocasións mostráronse indiferentes.Inditex, El Corte Inglés y Mango apuestan ahora por la seguridad en Bangladés, Infolibre, 16/5/2013

Empresas que asinaron o acordo de prevención As marcas que asinaron o acordo son as seguintes: H&M, Inditex, C&A, PVH, Tchibo, Tesco, Marks & Spencer, Primark, El Corte Inglés, jbc, Mango, Carrefour, KiK, Helly Hansen, G-Star, Aldi, New Look, Mothercare, Loblaws, Sainsbury’s, Benetton, N Brown Group, Stockmann, WE Europe, Esprit, Rewe, Next, Lidl, Hess Natur, Switcher, A&F.

Empresas que non asinaron o acordo de prevención Fast Retailing é a empresa xaponesa que fabrica artigos de roupa e complementos para as firmas de moda Uniqlo e Theory. GAP e Wal-Mart tampouco asinaron o acordo común de prevención e indican que asumirán de forma unilateral a prevención de accidentes.Uniqlo esquiva el pacto por la seguridad en Bangladés, InfoLibre, 28/5/2013

Causas da pobreza e de accidentes laborais en Bangladés Para Vicenç Navarro o problema maior que ten Bangladesh -segundo as estatísticas internacionais o país máis pobre do mundo xunto con Haití- non é a falta de recursos, senón o control sobre estes recursos. Navarro sinala que Bangladés non pode considerarse un país pobre, aínda que a inmensa maioría dos seus habitantes o sexa. O problema é que a oligarquía terratenente -o 16% dos propietarios de terra controlan o 60% de toda a terra-, produce alimentos que exportan aos países chamados desenvolvidos consolidando unha estrutura agrícola que provoca un número importante de poboación misérrima que acaba emigrando do medio rural ás cidades onde é explotada -en condicións económicas, laborais e de seguridade penosas- nas distintas manufacturas e industrias urbanas, entre elas a téxtil. O poder político responde unicamente aos intereses dos terratenentes rurais e os empresarios urbanos, sectores que producen segundo as demandas exteriores sen atender as necesidades da poboación de Bangladés.Lo que no se dice de Bangladés, Vicenç Navarro, Público, 23 de maio de 2013]

Segundo Navarro, a desgraza do Rana Praza, situado a 29 quilómetros de Daca, é un máis dos accidentes que se producen en Bangladés. Desde 2005 morreron máis de setecentos traballadores soamente provocados por incendios en fábricas, o último incendio produciuse na fábrica téxtil de Tazreen o 24 de novembro de 2012. O edificio Ra Praza é propiedade de Sohel Ra, un dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami. Poucos días despois do colapso da fábrica, 20.000 traballadores de fábricas próximas á que se derrubou manifestáronse en protesta. Foron duramente reprimidos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Folga nas fábricas de camisas de Nova York en 1909 Incendio na fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York en 1911 Precariedade laboral Sinistralidade laboral Dereito laboral Industria téxtil Javier Chércoles Blázquez

Ligazóns externas

Bangladés e a explotación dos traballadores. Dossier, Jorge Yabkowski, Deborah Orr, Maha Rafi Atal, Vijay Prashad, SIn permiso, 6/5/2013 (en castelán) Lográmolo! – Avance mundial ao asinar as marcas de comerciantes polo miúdo o Acordo sobre seguridade das fábricas en Bangladés, IndustriALL global union, 1&/5/2013 (en castelán) Acordo sobre incendios e seguridade de edificios en Bangladés, 13/5/2013 (en inglés)

Categoría:Desastres provocados polo home Categoría:Industria téxtil