miniatura|225px|Crucifixión de San Pedro, 1600, Basilica di Santa Maria del Popolo, Roma. Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.Graham-Dixon (2012)
Traxectoria Á súa tráxica vida (matou un home nunha liorta en Roma en 1606 e pasou o resto da súa vida fuxindo) correspóndese cunha pintura de extrema tensión moral e relixiosa. As súas representacións relixiosas non son historia nin alegoría senón feitos cotiáns xa que Caravaggio buscaba a verdade na arte. O seu estilo caracterízase polas súas composicións unitarias, contrastes brutais de luz e sombra, atmosferas e personaxes reais que atraen o espectador e fai que quede impresionado polo drama vivido en cada escena. O seu realismo exacérbase nas súas últimas obras, agrupando as figuras nunha zona do lenzo, batidas polos efectos da luz, creando un ambiente de desolación e traxedia.
A súa evolución estilística pode dividirse en dúas etapas: experimental (1590-1610), e etapa de madurez (1598-1610). Na primeira etapa plasma os fondos máis claros e luminosos, mentres que na segunda céntrase no tenebrismo potenciando a teatralidade nas escenas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1571 Categoría:Finados en 1610 Categoría:Pintores do Barroco