Mesteres, publicado por Lindes-Cuadernos de Poesía en Valencia en 1976 en edición bilingüe, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova. Conta cun estudo introdutorio de Eduardo Alonso.
Contido Seguindo a edición de 1987: Limiar
Mester dos mesteres. I e II Dedicado a César Antonio Molina.
Mester do exilio. Dedicado a Celestino Fernández de la Vega. Mester do poeta. Homenaxe a Pablo Neruda. Mester da vixilia Mester da orfandade Mester da reconciliación: I, II e III. Dedicado a Xesús Bal e Gay Mester da elexía. Para a morte de Celso Emilio Ferreiro.
II [A] (sonetos)
Qué anainar de anainar é o da túa vida Ficar é de xionllos no quebranto Ollas a terra sen ollar pois nada Cai o tempo, caivanca, qué trastallada Coma unha onda de vagar... O Día Morrer quén morre, eisí, duro, tendido
[B] (sonetos)
Rende o solpor de sempre cando a herdanza Fosa fose a alta Noite. Fose a fosa Embaixo o corazón luz do avesío Laz da Noite no laz, i Ela que chega Venceu a Morte -¿Cando?- i a cadora Diante dos sollos -¿un cegar?- qué queda
III
Mester da Terra: I, II, III, IV, V, VI. Requiem por Castelao. Mester da penitencia. A Darío Villanueva. Mester da Morte. Na memoria de Alexandre Bóveda. Mester da desposesión. Lembrando a Aquilino Iglesia Alvariño. Mester da profecía. A Elsa e Eduardo Alonso. (Último) mester do exilio. A Basilio Losada.
CABO EN DUAS CELEBRACIÓNS
Liturxia do corpo. "Himno". A Carme, sempre.
Liturxia do tempo (O regreso). A Claudio Rodríguez Fer.
POST SCRIPTUM".
Edicións
1976: Valencia: Lindes-Cuadernos de Poesía, edición bilingüe en galego e castelán. 1987: Santiago: Vía Láctea. Versión ampliada e definitiva. 1999: Vigo: Xerais, edición e estudo a cargo de Román Raña, ISBN 978-84-8302-412-6, 136 páxs. 2010: Madrid: Cátedra, Col. Letras Hispánicas. 224 páxs. ISBN 978-84-376-2648-2. Edición bilingüe de Xesús Rábade Paredes.
Características Mesteres foi considerado por Claudio Rodríguez Fer e Basilio Losada como un dos libros, xunto con Con pólvora e magnolias de X.L. Méndez Ferrín, que supoñen unha renovación na poesía galega a partir de 1976. É unha obra na que se adoptan formas especifiacamente galegas para expresar un contido existencial, que se ben é galego, transcende calquera área cultural, ademais da renovación formal da expresión poética coa que enriquece a poesía galega.
O libro comeza cun limiar Mester dos mesteres en alusión ao Cantar dos cantares no que se marca a estranxeiría do poeta. Nos seis primeiros mesteres céntrase no tema do exilio, a imposibilidade vital do regreso relacionándoo coa saudade e falando do mundo rural abandonado. Na segunda parte (A e B) abundan os sonetos de temática rural influenciados polas Nenias de Iglesia Alvariño e nos que predomina o abatemento. Na terceira rotoma os mesteres da rabia da destrución con diferentes rituais fúnebres que semellan traxedias dramáticas.
Segundo o Diccionario da literatura galega':
Notas
Categoría:Obras literarias de 1976 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Arcadio López-Casanova