Palabra de honor, publicado por Galaxia -na colección Salnés- en 1967, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova.

Contido Palabra de honor (1959-1967), así figura na entrada Adicatoria A MARI CARMEN, porque tamén é súa ista razón

A modo de noticia Explicación do autor de cando compuxo estes poemas

I PORQUE CONTO UNHA HISTORIA DE SOLPORES SIN NOME

Onde a razón do canto

Carta

Páramo, si relembro Choraría por ti. Soneto. Prego por Galicia no cabo dun ano. Soneto.

Parábola Á veira do sono

Mundo

II CORAZÓN, TI QUE SEMPRE SOUPECHES DA SOEDADE

Biografía Xeografía Páxina da memoria

Profecía Leición de vida Mai Oratorio en Carmen

Oración Elexía

III PRONUNCIO OS VOSOS NOMES, PALABRA COMPARTIDA

In Memoriam Palabras na tarde pra Rosalía

Encontro con Antonio Machado Responso por Ramón Cabanillas Recordatorio pra Miguel Hernández, morto Epístola coral a Celso Emilio Ferreiro Envío e revelación pra Carlos Casares Poema final do regreso i a promesa Onde se pecha a palabra. Soneto

Características Son poemas escritos entre 1959 e 1987 en Lugo, Compostela e o Páramo, segundo o autor confirma no prólogo. Un libro no que, segundo Claudio Rodríguez Fer, aparecen emparellados o sentimento lírico e a a preocupación civil. E segundo Xesús Alonso Montero o libro converte a un mozo de vinte e tantos anos no autor dalgunhas das máis atractivas páxinas do canto civil galego daquel momento.

O libro divídese en tres partes. Na primeira descóbrese o Páramo natal e faise voz e intérprete desa comunidade. Na segunda vívese a experiencia do amor con dorida melancolía. Na terceira cántase con palabra compartida un mundo do que o poeta se sente membro responsable e voz.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1967 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Arcadio López-Casanova