Marie Maynard Daly Clark, nada en 1921 en Nova York e finada en 2003, comezou os seus estudos de química e doutorouse na mesma disciplina, cun estudo de como as substancias químicas producidas no organismo contribúen á dixestión dos alimentos. Foi a primeira muller afroamercana en obter un doutoramento en química nos Estados Unidos de América. Traballou durante anos como profesora universitaria.

Daly realizou experimentos que estudaron os efectos do colesterol na mecánica corporal, os efectos dos azucres e outros nutrientes nas arterias e no sistema circulatorio . O seu traballo permitiu comprender os ataques cardíacos .

En 1988, esta investigadora creou un fondo de bolsas en homenaxe ao seu pai, para axudar a estudar os afroamericanos que queiran especializarse no mundo da física ou da química.

Marie Maynard é unha das cinco mulleres científicas (Florence Sabin, Gertrude Perlmann, Louise Pearce e Rebecca Lancefield) que aparecen retratadas nun cadro da Universidade de Rockefeller en 2022, a primeira vez que mulleres científicas son retratadas nesta institución en 121 anos de historia.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América