Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez Calderón, nado en Écija (Sevilla) en 1808 e finado en Madrid en 1865, foi un político, xurista e escritor español.
Estudou Dereito na Universidade de Sevilla e chegou a ser Ministro de Fomento. Foi Presidente do Consello de Ministros en 1847 e Deputado por Córdoba (1837). Embaixador en París, colaborou en varios periódicos como El Artista, La Abeja e El Español. Deixou algúns traballos de Dereito. Coleccionou os seus artigos xornalísticos baixo o título de Literatura, historia y política (1864), e as súas impresións da súa viaxe a Italia (1857). Tamén publicou poemas como "Meditación" e "A la amnistía".
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Embaixadores de España en Francia Categoría:Embaixadores de España na Santa Sé