Nicholas John Frost, nado en Dagenham, Londres, o 28 de marzo de 1972, máis coñecido como Nick Frost, é un actor, comediante e guionista británico. É famoso por actuar en varias películas e series humorísticas xunto ao seu amigo, o tamén actor Simon Pegg. Os seus traballos máis destacados foron nas películas Shaun of the Dead, Paul e Hot Fuzz, aínda que tamén apareceu no filme The Boat That Rocked e nas series televisivas Spaced e Sick Note. Ademais, interpretou a Bajie na serie de televisión estadounidense Into the Badlands, da canle AMC. Antes do seu papel en Spaced traballaba como camareiro.

Filmografía

Cine

Shaun of the Dead (2004) Kinky Boots (2005) Penelope (2006) Hot Fuzz (2007) Wild Child (2008) The Boat That Rocked (2009) Paul (2011) The Adventures of Tintin (2011) Attack the Block (2011) Snow White & the Huntsman (2012) The World's End (2013) Cuban Fury (2014) Unfinished Business (2015) The Huntsman: Winter's War (2016) Tomb Raider (2018)

Televisión

Spaced Man Stroke Woman (2005-2007) Top Gear Doutor Who (2014; episodio especial de Nadal) Into the Badlands (2017; segunda tempada) Sick Note (2017-presente) Truth seekers (2020-presente) Staged (2021, 1 episodio) The Nevers (2021-presente)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Humoristas do Reino Unido Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra