Vitali Zholobov, nado en Zbyrievka (Ucraína) o 18 de xuño de 1937, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 21.

Traxectoria Zholobov graduouse no Instituto para o Petróleo e a Química (Bakú) en 1959. En 1974 graduouse en política militar na Academia do Exército Soviético en Moscova. Foi seleccionado como candidato a astronauta en xaneiro de 1963, completando o seu adestramento o 21 de xaneiro de 1965. Participou na misión Soiuz 21, pasando un total de 49,27 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 21

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Ucraína