Phallostethus cuulong é unha especie de peixe ateriniforme da familia Phallostethidae. Foi descuberto en 2009 pero non foi até 2012 cando foi formalmente descrito. Vive a unha profundidade de entre 0.5 e 3.5 m nas canles do delta do río Mekong.
Mide uns 25 mm de lonxitude e é de cor branca translúcida. Os machos teñen as súas gónadas debaixo do queixo, xunto a unha serra dentada e unha barra que usa para soster a femia. O seu nome científico fai referencia ao río Mekong, que en vietnamita dise Cuu Long.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Animais descritos en 2012 Categoría:Ateriniformes