Aristeo de Crotona (latín Aristaeus, grego antigo Αρισται̂ος, 'Aristaios') fillo de Damofonte, foi un matemático grego do século -IV. Probabelmente foi contemporáneo de Euclides. Traxectoria Non se sabe nada da súa vida, agás o que di del o matemático Pappos de Alexandría. Escribiu cinco libros sobre Os sitios sólidos onde formulou teorías sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Influíu en Euclides, pero a súa obra era máis relevante e orixinal. A súa obra é coñecida polas referencias de Euclides e Pappos, así como do matemático Hipsicles. Como se descoñece o contido das súas obras, toda a orixinalidade do estudo sobre cónicas reside en Apolonio de Perge.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Aristeu de Crotona» (en inglés). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland.

Categoría:nados no século -IV Categoría:finados no século -IV Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:nados en Crotone