Florencio García Goyena, nado en Tafalla o 27 de outubro de 1783 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1855, foi un xurista e político español.
Traxectoria Cursou os seus estudos de Dereito nas Universidades de Madrid e Salamanca. En 1823 exiliouse a Francia, regresando á morte de Fernando VII.
Ocupou os cargos de síndico-consultor das Cortes e Deputación de Navarra; fiscal criminal en Burgos; corrixidor en Guipúscoa; gobernador civil en Granada e Zaragoza; Rexente das audiencias de Valencia e Burgos; Maxistrado e presidente da Sala de Indias do Tribunal Supremo; Ministro de Xustiza con Joaquín Pacheco e no gabinete de Joaquín María López en 1843.
Incorporado dende moi cedo á Comisión Xeral de Codificación. A partir de 1846 participou decisivamente na elaboración do proxecto de Código Civil de España de 1851, tendo por base o Código Civil Francés, pasando a súa posteridade como o seu redactor.
Admirador, en materia penal, do xurista británico Sir William Blackstone e da Escola Penal inglesa, salvo no referente á institución do xurado, e contrario ás ideas de Cesare Beccariano extremo de aplicación da pena máxima, puxo freo aos dereitos forais, e introduciu o habeas corpus na lexislación española.
Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Nados en Tafalla Categoría:Nados en 1783 Categoría:Finados en 1855 Categoría:Presidentes de España