Dólar de prata doXardín Botánico dos Estados Unidos360x360pxA/: Rosa no centro, rodeada por grilanda de rosas na parte superior. Lendas: UNITED STATES / BOTANIC GARDEN / 1820 - 1885 / E PLURIBUS UNUM R/: Fachada do edificio do Xardín Botánico en Washington. Data e marca de ceca (P). Lenda: LIBERTY / ONE DOLLAR / IN GOD WE TRUST / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Gravador: E. Z. Steever (anv.) e W. C. Cousins (rev.). Datas de emisión: 1997 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia ("P"). Tiraxe: 248.176 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1997 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-328, do 29 de setembro de 1994,"Public Law 103-328 - SEPT. 29, 1994. Sec. 208: United States Botanic Garden Commemorative Coins". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa para conmemorar o 175º aniversario Xardín Botánico dos Estados Unidos, en Washington, promovido polos Pais Fundadores George Washington, Thomas Jefferson e James Madison, e creado en 1820 polo presidente James Monroe."Botanic Garden Dollar". United States Mint.

Deseño Os deseños do dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos foron aprobados en xaneiro de 1997 polo secretario do Tesouro."Treasury Secretary Approves Designs for U.S. Botanic Garden Commemorative Silver Dollar". United States Mint.

O anverso desta moeda, deseñado por Edgard Z. Steever, representa en primeiro termo a figura dunha rosa como flor nacional, baixo unha grilanda de rosas."1 Dollar Botanic Garden". Numista.com

Pola súa banda, no seu reverso, creado por William C. Cousins, reprodúcese unha imaxe da fachada francesa con múltiples arcos do edificio do Xardín Botánico dos Estados Unidos en Washington.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir de 21 de febreiro de 1997."U.S. Botanic Garden Commemorative Silver Dollar Now Available from the U.S. Mint". United States Mint. A a súa produción foi de 58.505 exemplares en coindición estándar e 189.671 con acabamento especial (proof); é dicir, un total de 248.176 exemplares, algo menos da metade da tiraxe máxima autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1997 Botanic Garden Silver Dollar". United Staes Mint.

A moeda comercializouse cunha recarga no seu custo e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo Nacional para o Xardín Botánico dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1997 Botanic Garden Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América