O Reino de Croacia () foi un reino medieval que abranguía a maior parte dos territorios da Croacia moderna e tamén, de forma intermitente, de Bosnia e Hercegovina, nos Balcáns.

Historia Os eslavos chegaron a Europa Oriental a principios do século VII e estableceron varios estados, incluído o Ducado de Croacia. A cristianización dos croatas comezou pouco despois da súa chegada e completouse a principios do século IX. O dominio do ducado alternou entre as dinastías rivais Domagojević e Trpimirović. O ducado rivalizaba coa veciña República de Venecia, loitou e aliouse co Primeiro Imperio Búlgaro e pasou por períodos de vasalaxe co Imperio Carolinxio e co Imperio Bizantino. En 879, o Papa Xoán VIII recoñeceu ao Duque Branimir como un gobernante independente.

Categoría:Historia de Croacia Categoría:Idade Media