Callichimaera perplexa é unha especie fósil de pequeno caranguexo do Cretáceo que foi atopada no grupo Churuvita, en Colombia, e na formación Frontier nos Estados Unidos de América. Debido a que posúe unha estraña combinación de trazos anatómicos, foi considerado como o "ornitorrinco dos caranguexos". A presenza de certas características nesta especie, tales como pinzas grandes e extremidades natatorias, confirman que estes trazos xa estaban presentes na liñaxe dos caranguexos hai máis de 95 millóns de anos.
Notas
Categoría:Fósiles descritos en 2019 Categoría:Fósiles de Colombia