Cegoñas (en ) é un filme estadounidense de 2016 producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Foi dirixido por Nicholas Stoller e Doug Sweetland, escrito por Stoller e está protagonizado polas voces de Andy Samberg, Katie Crown, Kelsey Grammer, Jennifer Aniston, Ty Burrell, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Stephen Kramer Glickman e Danny Trejo.
O filme conta a historia dunha cegoña (Junior) e a súa compañeira humana (Tulip), que traballan no centro de distribución dunha enorme tenda en liña, Cornerstore.com, situada no alto das montañas. Despois de que un neno envía unha carta á empresa, os dous crean accidentalmente unha bebé usando a desaparecida fábrica de bebés que as cegoñas usaran anteriormente no seu negocio orixinal de facer entregas de bebés. Co fin de protexer ao bebé do xerente da empresa e garantir o ascenso de Junior para sucederlo, os dous emprenden unha viaxe para entregar o bebé á familia do neno.
Cegoñas estreouse nos Ánxeles o 17 de setembro de 2016, e estreouse seis días despois en 3D, IMAX e formatos convencionais. O filme recibiu críticas dispares por parte da crítica, que eloxiou a animación, o humor e a actuación de voz, mais criticaron o guión. Gañou 183 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de 70 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 1 de xaneiro de 2022 a través da TVG, e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada. Estreouse tamén o 6 de xaneiro de 2025 a través da plataforma dixital AGalega.
Personaxes Andy Samberg como Junior Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández. Katie Crown como Tulip Voz da dobraxe galega de Ana Lemos. Kelsey Grammer como Hunter Jennifer Aniston como Sarah Gardner Ty Burrell como Henry Gardner Anton Starkman como Nate Gardner Keegan-Michael Key como Alpha Jordan Peele como Beta Danny Trejo como Jasper Stephen Kramer Glickman como Pigeon Toady Christopher Nicholas Smith como Dougland Awkwafina como Quail
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Doug Sweetland Categoría:Filmes dirixidos por Nicholas Stoller Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 2016 en 3D Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego