Emden é unha cidade do noroeste de Alemaña.

Administración Ten a condición de cidade libre e pertencente ao estado de Baixa Saxonia.

Xeografía Está á beira do río Ems na rexión de Frisia Oriental, Tamén é unha cidade costeira, cun dos portos comerciais máis importantes do Mar do Norte, ao que se accede pola súa localización no Golfo de Dollart.

Nome Ao longo da historia a cidade de Emden chamousse Amuthon, Embda, Emda e Embden.

Historia

Fundación Descoñécese a data exacta na que se fundou Emden, pero a súa existencia coñécese dende o século VIII.

Finais da Idade Media

En 1495, o emperador Maximiliano I do Sacro Imperio Romano Xermánico, que aínda era rei naquel momento, concedeu á cidade o seu actual brasón, o Engelke up de Mue (en alemán moderno Engelchen auf der Mauer, "Anxo no muro"). A finais do século XV, Emden tamén recibiu do mesmo emperador o seu dereito de almacenamento (Stapelrecht), outorgado á cidade e que obrigaba aos comerciantes a permanecer alí máis de tres días para vender os seus bens.

Idade Moderna A igrexa de Emdem apoiou os Geuzen na batalla de Heiligerlee e a Revolta Holandesa nos comezos da guerra de Flandres.

O dereito Stapelrecht foi abolido coa creación da Unión Alfandegueira do Norte de Alemaña en 1834.

Destrución e reconstrución na segunda metade do XX Durante a segunda guerra mundial, a cidade sufriu os primeiros bombardeos aliados, destruíndo máis do 90%.

Economía Hoxe en día, é unha das cidades máis prósperas da rexión de Frisia Oriental (Ostfriesland), e considérase a súa capital, no norte da Baixa Saxonia (Niedersachsen). Destaca por ter a terceira fábrica de automóbiles Volkswagen de Alemaña, polo seu importante porto, no estuario do río Ems, e pola súa actividade universitaria.

Ensino En Emden atópase a Universidade Politécnica de Emden (Fachhochshule Oldenburg / Ostfriesland / Wilhelmshaven), hoxe Escola Universitaria de Emden-Leer (Hochschule Emden-Leer, con sedes en Emden e Leer).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Baixa Saxonia Categoría:Cidades de Baixa Saxonia