Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel, nado en Piedrahíta o 29 de outubro de 1507 e finado en Lisboa o 11 de decembro de 1582, foi un militar e político castelán, terceiro duque de Alba de Tormes. Traxectoria En tanto militar, político e diplomático, desenvolveu a súa actividade en varios campos e frontes.
Contra a Liga de Esmalcalda Entre 1546 e 1547 participou nas campañas do emperador Carlos V contra os protestantes alemáns da Liga de Esmalcalda, na guerra de Esmalcalda.
Contra Paulo IV e a revolta de Flandres Durante o reinado de Filipe II dirixiu a guerra contra o papa Paulo IV en Italia e foi enviado aos Países Baixos españois en 1567 para sufocar a revolta protestante. Como rexedor deste territorio desenvolveu unha política de extorsión con impostos excesivos e unha represión sanguenta con máis de mil condenados a morte pola Corte de Disturbios que aumentou o descontento popular con 60.000 exiliados, polo que en 1573 foi deposto.MATA, Jordi. «No s'ho mereixen». Sàpiens [Barcelona], núm. 32, xuño de 2005, p. 42-47. (en catalán) ISSN 1695-2014
Rehabilitación e campaña de Portugal En 1580 dirixiu o exército que ocupaba Portugal, tras a derrota e morte de Sebastián I de Portugal na batalla de Kasr al-Kabir. Fra Luis Nieto, Relación de las guerras de Berberia, y del suceso y muerte del Rey Don Sebastian, recopilada a la Col·lecció de documents inèdits per la història d'Espanya, vol. 100, p. 411-458.
miniatura|esquerda|Viñeta que mostra retrata ao terceiro duque de Alba, coñecido nos Países Baixos como Alva, na vellez.
O duque de Alba foi rehabilitado en 1580, cando Filipe II, que reclamaba o trono de Portugal, vacante dende a morte do seu tío, o Cardeal-Rei D. Henrique, precisaba dos seus servizos. Coa morte de D. Henrique sen descendencia, desatouse a crise sucesoria de 1580, aparecendo Filipe II dos Habsburgo como o pretendente preferido ao trono da nobreza portuguesa. Porén, o pobo, e algúns nobres e clérigos, apoiaron a D. António, o Prior do Crato, que se alzou como rei en Santarém e foi formalmente aclamado e coroado en Lisboa o 24 de xullo de 1580. Nese contexto, os servizos do Duque foron requiridos para neutralizar militarmente as forzas asignadas a D. António. O experimentado duque de Alba entrou en Portugal en xullo de 1580 e destruíu rapidamente o exército portugués comandado por Diogo de Meneses (gobernador do Estado da India), quen foi degolado. Caendo sobre Lisboa, enfrontouse ás últimas forzas antoninas gañando a Batalla de Alcântara, abrindo o camiño para a entrada triunfal de Filipe II de España e I de Portugal no seu novo reino.
En sinal de recoñecemento, o rei deulle o título de Condestável de Portugal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Vicerreis de Nápoles
Categoría:Nados en 1507 Categoría:Historia de Portugal Categoría:Historia de España do século XVI Categoría:Historia de Castela e León Categoría:Finados en 1582 Categoría:Nados na provincia de Ávila Categoría:Historia moderna de España