Yayo Daporta, nado en Cambados en 1975 e asentado no Grove, é un cociñeiro galego, chef do seu restaurante Yayo Daporta, que o rexenta xunto coa súa irmá a sommelier Esther Daporta. Ten unha estrela Michelín e dous soles da Guía Repsol.
Carreira
Inicios Yayo Daporta espertou as súas ganas de cociñar despois de traballar no restaurante Casa Solla de Pepe Solla, e a partir de entón traballou en Alejandro, un restaurante de Almería, e El Amparo, restaurante de Carmen Guasp de Madrid. A súa familia adícase ao marisqueo, tendo depuradoras de marisco na Ría de Arousa.
Restaurante de seu En 2005 abriu o seu propio restaurante e gañou un récord Guinness para o chef máis novo da historia en conseguir unha estrela Michelín.
Presentador de TV En 2014, presentou, xunto a Susi Díaz e Alberto Chicote, o programa de televisión Top Chef. Estivo activo na segunda tempada e deixou o programa para centrarse no seu restaurante.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Cambados Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Estrelas Michelin Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes