A bandeira kapok é un dos símbolos que representa as provincias de Guangdong no sur da China, a súa lingua, cultura, nacionalismo e separatismo. Porén, a bandeira é dificilmente recoñecíbel e non é utilizado oficialmente na provincia de Guangdong ou noutras provincias da China continental. É unha bandeira tricolor composta por franxas horizontais de cor verde, marrón e azul.
Deseño e simbolismo A bandeira consta de tres franxas horizontais e unha imaxe estilizada dunha flor kapok no centro. Bombax ceiba coñécese literalmente como "flores da árbore de algodón" en cantonés. É a flor oficial de Guangzhou, a capital da provincia de Guangdong. O uso de flores como símbolos nacionais é popular na rexión de Asia Oriental (o crisantemo xaponés, o hibisco surcoreano, a flor de ameixa taiwanés e a orquídea nobre manchú). O verde representa liberdade, paz e vitalidade. O marrón representa a cultura cantonesa. O azul representa a democracia e o océano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira do Tíbet Bandeira de Turquestán Oriental Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras da China