Dólar de prata do bicentenario doCongreso dos Estados Unidos180x180px180x180pxA/: Estatua da Liberdade de bronce da cúpula do Capitolio; nubes e raios. Marca de ceca. Lendas: LIBERTY / 1789 / 1989 /IN GOD WE TRUSTR/: Maza da Cámara de Representantes dos EEUU. Marcas de gravador (WW e CYM). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / BICENTENNIAL OF THE CONGRESS / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: W. Woodword (anv. e rev.) e C. Y. Martin (rev.). Datas de emisión: 1989 Ceca: US Mint: Cecas de Denver (D) e de San Francisco (S). Tiraxe: 897.401 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do bicentenario do Congreso dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1989 e cuñada polas Casas da Moeda de Denver e de San Francisco.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 100-673, do 17 de novembro de 1988,"Public Law 100-673 - NOV. 17, 1988". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas en conmemoración do bicentenario do Congreso dos Estados Unidos, fundado o 4 de marzo de 1789."Congress Bicentennial Dollar". United States Mint.
Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.
Deseño miniatura|299x299px|Maza da Cámara de Representantes, reproducida no reverso da moeda. No anverso da moeda, deseñado e gravado por William Woodword, represéntase unha vista completa da Estatua da Liberdade de bronce de Thomas Crawford que se colocou no cumio da cúpula do Capitolio en 1863, cunhas nubes e uns raios de sol ao fondo. Este motivo aparece acompañado polos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses, e a dobre data alude ao mesmo tempo ao bicentenario conmemorado e ao ano de emisión da moeda."1 Dollar Bicentennial of the Congress". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra do mesmo deseñador e de Chester Y. Martin, reproduce a maza da Cámara de Representantes dos Estados Unidos, que se atopa na cámara cando o hemiciclo está reunido, coroada por unha aguia sobre o globo terráqueo. Este motivo do reverso está rodeado pola lenda alusiva ao feito conmemorado, BICENTENNIAL OF THE CONGRESS, así como o lema E PLURIBUS UNUM, o nome do país e o valor facial da moeda.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de dez millóns de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). O primeiro día de produción foi o 14 de xuño de 1989.
A súa produción foi de 135.203 moedas na súa condición estándar e 762.198 en versión proof, o que fai un total de 897.401 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1989 U.S. Congress Bicentennial". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 26 dólares en condición estándar e 29 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, parte dos beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados ao Fondo de Preservación do Capitolio dos Estados Unidos, e outra parte ingresou no fondo xeral do Tesouro, co fin de reducir a débeda nacional.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1989 Congress Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América