Asolagados é un documental de 2013, producido por Airoá Comunicación - Pinancho Audiovisais e dirixido por David Vázquez Vázquez, con guión de Afonso Eiré.
Documental sobre a xente e os lugares (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Ermida, Ribó, Ponte Fortes...), anegados polo encoro de Belesar en 1963.
Características As imaxes do equipo Coa auga ao pescozo reflicten a Ribiera Sacra e o Río Miño, os restos de casas, adegas, eidos e como sufriu a contorna natural ao desapareceren árbores e plantas. Dez testemuñas que viviron nos lugares contan como o viviron e tiveron que fuxir cara a outros sitios. David Vázquez aproveitou o baleirado temporal dotramo do Miño durante os anos 2011 e 2012 para gravar o que nunca antes se vira en cincuenta anos.
Estivo en aberto durante tres meses na canle Vimeo da Deputación de Lugo, desde onde se animou á cidadanía a descubrir “un traballo excepcional ao redor dun suceso que forma parte da nosa historia” e que hoxe, á vista do que está a acontecer coa suba da luz, ofrece tamén unha oportunidade para tirar conclusións sobre como dende o Estado se repartiron e reparten os custos e os beneficios da produción de enerxía eléctrica en Galiza”.
Colaboradores:
Dirección e montaxe: David Vázquez Produción e promoción: Cristina López (Kris Pereira´s) Cámara: Humberto Novoa Son: Luis A. García Linares Guión: Afonso Eiré Música: Chechu Carballido e A Quenlla (música orixinal) Locución: Fernando Morán Deseño de carteis: Lomarti Deseño gráfico e créditos: Alba Sánchez Colaboración produción: Mercedes Vázquez e Begoña Sánchez
O documental tivo unha grande acollida en festivais como o 18º Cinema As Américas International Film Festival de Austin Texas ou o festival de cinema underground de Berlín entre outros.
En agosto de 2024 presentouse en Chantada Recordos Asolagados, unha curta de 15 min con fragmentos do proxecto. Na duodécima edición do Festival Internacional Luna de Cortos Recordos asolagados obtivo o triunfo na sección Rural-Premio Miguel Pérez Trébol.
Premios
Premio Xornalístico Documental Moncho Do Pio 2014. Rios - Festival Internacional de Cinema Documental e Transmedia Vila Real (Portugal) 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Canle YouTube de Asolagados.
Categoría:Documentais galegos Categoría:Etnografía galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de 2013