Fuga mortal (en , ou tamén co título Army of One) é un filme estadounidense de 1993 dirixido por Vic Armstrong, escrito por Steven Pressfield e protagonizado por Dolph Lundgren, Kristian Alfonso e George Segal. A maior parte do filme foi rodado nos Ánxeles, Lone Pine, Agua Dulce e no Parque Nacional de Joshua Tree, en California.
Sinopse O expiloto de carreiras Santee gaña cartos traficando con coches de luxo roubados. Cando el e o seu compañeiro Eddie son detidos nunha das operacións de transporte, a situación escapa do seu control. Prodúcese un tiroteo, no cal tanto Eddie como o policía son asasinados.
Personaxes
Dolph Lundgren como Wellman Anthony Santee Kristian Alfonso como Deputy Rita Marrick Matt Battaglia como Deputy Michael Agnos George Segal como Tenente Franklin L. Severance Michael Paul Chan como Jimmy "Shoeshine" Beau Starr como Detective Jack "Rudy" Rudisill Geoffrey Lewis como Sheriff Cepeda Michelle Phillips como Esther Severance Nick Chinlund como Deputy Tomay Bert Remsen como Woody Engstrom Ken Foree como Eddie Turner Khandi Alexander como Maralena Turner Marcus Brown como E.G. Turner Rondi Reed como Detective Chelsey Edward Stone como Detective Jordan Jason Ross-Azikiwe como Oficial Macher Charlie Holliday como Oficial Hines
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego