O estado de Lara, ás veces abreviado Edo Lara, é un dos 23 estados nos que se divide Venezuela. A capital do estado é Barquisimeto. Lara ten unha poboación estimada (2009) de 1.852.875 habitantes.

Administración

Organiza a súa administración e os seus poderes públicos por medio da Constitución do Estado Lara, dictada polo Consejo Legislativo. O Estado está formado por nove municipalidades.

Concellos

Andrés Eloy Blanco (Sanare) Crespo (Duaca) Iribarren (Barquisimeto) Jiménez (Quíbor) Morán (El Tocuyo) Palavecino (Cabudare) Simón Planas (Sarare) Torres (Carora) Urdaneta (Siquisique)

Xeografía Atópase na rexión centro-occidental de Venezuela, a 800 metros sobre o nivel do mar.

thumb|Típica paisaxe árida e seca do Estado na zona do parque nacional Cerro Saroche. Limita ao norte co estado de Falcón; ao sur cos estados de Portuguesa e Trujillo; ao leste co estado de Yaracuy e ao oeste co estado Zulia. As augas dos ríos do estado desembocan a través de tres vertentes: o Caribe, o Atlántico polo río Orinoco e o lago de Maracaibo.Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas pp:89.

Ríos principais:Zinck, Alfred. 1986. Ríos de Venezuela. Lagoven, S.A. Caracas. 64p. ISBN 980-259-084-3Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas. pp89-100. Amarillo, Auro, Aragua, Curarigua, Morere, Tocuyo, Turbio, Urama, Yacambú. Lagoas: Laguna Amarilla, Laguna Cocoy Fervenzas: Cascada del Vino no Parque Nacional de Dinira

Historia

Orixe Durante tempos coloniais e en boa parte do período da independencia, o actual territorio de Lara pertenceu á provincia de Caracas. En 1824 foi absorbida pola Provincia de Carabobo, creada ese ano. En 1832 tras a desintegración da Gran Colombia, desfíxose tamén a rexión e constituíuse entón na Provincia de Barquisimeto, que comprendía os cantóns de Quíbor, El Tocuyo, Carora e Barquisimeto; ademais doutros que conforman hoxe o estado Yaracuy. En 1856, a través da nova lei de división territorial, San Felipe e Yaritagua uníronse a Nirgua para formar a Provincia de Yaracuy.

No ano 1881 acordouse a creación do Grande Estado Norte-Occidente, ao que se sumaron as zonas de Lara e Yaracuy. En agosto dese mesmo ano atribúeselle o nome de estado de Lara, en homenaxe ao xeneral patriota Jacinto Lara.

Século XX en adiante En 1899, o congreso estableceu a autonomía dos 20 estados, tal e como contemplaba a constitución de 1864, división que se confirmou en 1909, mediante unha reforma constitucional, que se mantivo até hoxe. A partir dese ano, o Estado de Lara mantén a súa unidade político-territorial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Andrés Eloy Blanco

Ligazóns externas Oficina de Turismo de Lara Arquivado Información sobre Lara Arquivado en Wayback Machine Informacións sobre Lara Arquivado

Categoría:Estados de Venezuela