Julio César Britos Vázquez, nado en Montevideo o 18 de maio de 1926 e finado o 27 de marzo de 1998, foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba de extremo dereito.

Foi internacional coa selección do Uruguai e membro do equipo que gañou a Copa do Mundo de 1950, aínda que non chegou a xogar no torneo.

Traxectoria

Como futbolista Militou durante varios anos no Peñarol, club co que gañou tres veces o campionato de Primeira División do Uruguai. En maio de 1953 fichou polo Real Madrid, onde apenas tivo protagonismo. Disputou só 3 partidos oficiais en dous anos no club branco, co que gañou a liga na súa primeira tempada. Marcou dous goles, ante Osasuna no seu debut oficial e ante o Athletic de Bilbao.

Selección uruguaia Foi 11 veces internacional coa selección uruguaia, coa que debutou en 1947 nun partido da Copa América ante Colombia en Guayaquil, encontro no que marcou o primeiro dos seus 6 goles coa selección. Tres anos despois formou parte do equipo uruguaio no Mundial de 1950 no Brasil. Con todo, non chegou a debutar no torneo, no que a súa selección se proclamou campioa mundial ao derrotar á selección brasileira no Maracanazo.

Como adestrador Despois de colgar as botas desenvolveu unha carreira como adestrador, dirixindo a equipos de varios países. Entre eles, adestrou en varias etapas o Deportivo Galicia de Caracas, co que gañou dúas veces a liga de Primeira División de Venezuela,

Faleceu o 27 de marzo de 1998.

Palmarés Como futbolista Peñarol Primeira División do Uruguai (3): 1949, 1951, 1953.

Real Madrid Primeira División de España (1): 1953/54.

Selección uruguaia Copa do Mundo (1): 1950.

Como adestrador Deportivo Galicia Primeira División de Venezuela (2): 1964, 1969.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador coa selección uruguaia .

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Adestradores de fútbol do Uruguai Categoría:Adestradores do Deportivo Galicia