é un filme xaponés de 2022 dirixido por Tetsurō Araki e escrito por Gen Urobuchi. Producido por Wit Studio, os personaxes foron deseñados por Takeshi Obata e a música foi composta por Hiroyuki Sawano. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 10 de febreiro de 2022. A continuación estreouse internacionalmente a través de Netflix o 28 de abril de 2022. Unha adaptación ao manga por Erubo Hijihara foi lanzada por Shōnen Jump+ o 22 de abril de 2022. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou os seus efectos visuais mais criticou o argumento.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón